Boas a todos! Estamos no tempo de recoller a colleita do outono: as castañas, o millo, as noces... e as cabazas!
Hai pouco celebramos o Samaín. Cada neno tallou unha cabaza na casa, cadaquén máis ocurrente, graciosa, terrorífica... e espuxémolas no colexio. O lugar que lles buscamos foi onda o Peto de Ánimas, que como xa sabedes é unha construción popular galega. É típico poñerlle neste tempo algunha ofrenda para as ánimas: unha candea acesa, flores ou tamén un froito da nosa colleita, por exemplo, unha mazorca de millo.
A continuación deixámosvos unhas imaxes das vosas fantásticas creacións!
 |
Cabaza gaiteira |
|  |
| Unha cabaza máxica |
|
|
|
|
 |
Terrorífica! |
 |
Mudou de cor... verde! |
 |
"O Trasmundo" de Laxeiro, no peto de ánimas |
 |
O peto de ánimas |
Moitas grazas a todos por participar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario