26 de xuño de 2012

Danza da chuvia

 Había moito tempo que non chovia.... e os profes pensamos que o mellor era que os nenos e nenas declamasen un poema ao aire libre movendo o pao da chuvia para que fixese efecto. 


"Chove chuvia galega

que dende o ceo te negas

tanto tempo sen chover

non te atreves a nos ver....."

          

    "Os toxos por ti esperan

     as xestas xa non digamos"

           


"Hai tempo que non ves

que atrevemento non tes

ven vernos gloriosa

ven regarnos fermosa...."



        "Chove chuvia galega

        non te fagas de rogar

         espérate a xente galega

         e tamén te espera o mar"

Benvida aos mariñeiros

 Os alumnos e alumnas de 3º danlle a benvida aos mariñeiros cando chegan ao porto de Canido.

Declamándolle un poema da súa man coma fixera Valetín Paz Andrade no seu tempo.

 "Kiko e o mar"

 Pobre Kiko vai traballar

Toda a noite sen parar

Con forte vento e pleamar

Colle peixe sen parar

E a subasta vai negociar 




           

 

As ganancias 
Ao bolsillo van parar
 Pola tarde, unha sesta
                     Vai botar                                                 Despois a rede                                        Ten que botar                                Coa familia vai cear
          E de noite volta a traballar 
        Pobre Kiko vai traballar
                                                                    Toda a noite sen parar
                                                                   Con forte vento e baixa mar

               

                    
                  

                     Entrevistan ao mariñeiro de baixura acabando nunha conversa moi interesante.

15 de maio de 2012

Visita aos avós

Entroido no cole

 

Somos mariñeiros e peixeiras, andamos a ver o que hai no noso mar. Despois mostrámosllo aos demais.                               


Un día de convivencia e paz co cole de Navia

Pasaxeiros ao tren!! subimos ao tren de Martiño




 ¡Qué preocupado durmiu Martiño aquela noite! pensando que tiña que ouriñar, pero co medo que de que o viran os Reis Magos.

Os nenos e nenas de 3º axúdanse nas actuacións dando soporte musical un curso ao outro.


Visita dos avós

 

Na aula de alternativa os alumnos/as coñecen outros paises, e así reciben a visita dun avó que estivo de viaxe en London, e veu a mostrarlles todo o que viu na súa viaxe e a impresión que lle diu o que alí puido ver.




A Santa compaña visita o noso cole...que medo!!!!

PREMIADOS!!!! NORABOA ARTISTAS!!!

O pasado mes participamos no  "IX Certame Literario do Concello de Ames"  e onte recibimos a boa nova... Lara, Mario, Fiz e Xián forón premiados!!! NORABOA ARTISTAS!!



Noticia: A novena edición do Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía e a cuarta do Certame Artístico-Literario Intercentros xa teñen os seus gañadores. A entrega de premios destas dúas actividades terá lugar o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a listaxe completa dos premiados no IX Certame Literario do Concello de Ames e na cuarta edición do Certame Artístico Literario Intercentros.





14 de marzo de 2012

BENVIDOS/AS!!

¡Benvidos nenos e nenas!


Hoxe, embárcamos na aventura de navegar polos mares da nosa lingua, a lingua galega. Para iso, botamos man da nosa mascota, quen será o medio a través do cal chegaremos aos distintos portos.

Comezamos, navegando pola nosa ría, que da nome ao noso colexio: CEIP Ría de Vigo.

Para que vos fagades unha idea do lugar de comezo da nosa viaxe, sacamos algunhas fotos.





Esta é a nosa mascota, a nosa barca que nos leva navengando polos mares da nosa lingua