4 de novembro de 2017

CHEGOU O OUTONO

 Novo tema musical de  Outono Uxía Lambona e a Banda Molona  Aquí esta o noso último video de Outono, agora que empeza por fín a choiva e o frío?.a bailar coma tol@s!!!.  Este vídeo foi grabado o día 28 de Setembro no Monte dos Pozos ? Valadares - Vigo , 15 días antes dos terribles incendios que queimaron a nosa terra o 15 de Outubro, hoxe as imaxes serían moi diferentes, que sirva de recordo de como nos gustaría ver os nosos montes sempre.   Graciñas   https://www.youtube.com/watch?v=79-6l4A1nII  [https://i.ytimg.com/vi/79-6l4A1nII/maxresdefault.jpg]<https://www.youtube.com/watch?v=79-6l4A1nII>

Novo tema musical de  Outono Uxía Lambona e a Banda Molona.

"Este vídeo foi grabado o día 28 de Setembro no Monte dos Pozos Valadares - Vigo , 15 días antes dos terribles incendios "





1 de novembro de 2017

FESTA DE SAMAÍN

O martes despois do recreo celebramos o SAMAÍN. Houbo moitos disfraces, comimos sobremesas de medo e ...disfrutamos un montón. Mirade que ben estivemos!!
 


SAMAIN 2

                                 SOBREMESAS DE MEDO FEITAS POLAS FAMILIAS .
                                          MOITAS GRAZAS A TOD@S

27 de outubro de 2017

SAMAÍN


Pensando que somos un "cole de medo" pediuselle ás familias que colaboraran debuxando nun folio ou similar unha superstición ou un amuleto.Vendo que colaboraban, coma sempre, masivamente colocámolas na corcheira da entrada do cole dentro dos fotogramas "de cine"porque este ano o proxecto do cole vai de cine. Logo démoslle un aire correspondente a esta altura do ano.
O resultado foi "de medo"!!!
Mirade...Mirade....

25 de outubro de 2017

PAOS DE CHUVIA

Como xa levábamos un tempo sen que a choiva fixera a súa aparición e despois destes días de tanto lume, o alumnado do RÍA DE VIGO quere chamar á choiva. Para iso recitaron un poema para que se deixara ver.E cuns paos de choiva animan a que o fenómeno apareza.

FIXADEVOS QUE BEN O FIXERON
 

DE VOLTA NESTE NOVO CURSO

Xa estamos de volta neste novo curso con moitas ganas de facer un bo traballo en galego.Por iso continuamos animándovos a falar e a escribir na nosa lingua.

4 de xullo de 2017

Biblioteca de verán

E para rematar o curso non podía faltar a nosa biblioteca da praia.
Alí estuvimos coma sempre cando o tempo o permitiu. Moitas grazas a todos e...
 BO VERÁN!





 

16 de xuño de 2017

ISIDRO Ambrosio Marcial



Xa que estamos no programa PONTE NAS ONDAS, esta vez da súa man, recibimos a ISIDRO, un mariñeiro do CASCO VELLO que veu contarlle aos alumnos de 4º de E. Primaria a súa vida no mar. Ensinoulle a facer nós mariñeiros e mostroulle o seu deseños de barcos.

INTERTEATRO: Ceip SEIS DO NADAL

E seguimos co  programa de INTERTEATRO. Esta vez tocoulle ao Ceip Seis do Nadal que representou a obra "O QUE FAI O MEU BIEITO ESTÁ BEN FEITO".A súa actuación foi espectacular.Moitas grazas. O alumnado recibiu un diploma e un agasallo.







INTERTEATRO: Saladino Cortizo

O alumnado do CEE Saladino Cortizo que participa no programa de INTERTEATRO  encargouse de representar a obra "A MOSCA CHOSCA" no noso centro. Fixérono estupendamente. Despois estiveron co noso alumnado no patio entablando relaciones de amizade.





23 de maio de 2017

MAIOS 17

O alumnado de 3º visitou o centro de día PARQUE CASTRELOS para facer un Maio todos xuntos.
Mirade que ben o pasaron! Que acto tan entrañable!!


16 de maio de 2017

XOGAMOS TAMÉN EN GALEGO

Con motivo das LETRAS GALEGAS os alumnos do noso cole tamén xogan "EN GALEGO" cos distintos xogos : aros.zancos, cordas,etc


15 de maio de 2017

FOTOS DO CORRELINGUA

O xoves día 11 de maio estaba programado o Correlingua para percorrer as rúas dende o Concello ata Castrelos a prol da nosa lingua galega. Por mor da chuvia só se celebraron actos no Pavillón Polideportivo do Carme, con que grandes e pequenos concorremos no mesmo lugar. 
Escoitamos o manifesto, tomamos a merenda e así collimos forzas para o concerto da banda de rock Birlibirlocke coa que botamos na pista sen parar. 
Ao rematar a festa, os nenos e nenas puideron tocar os instrumentos da banda e asináronlle autógrafos nas gorras!

Comeza a semana das LETRAS GALEGAS



Comenzamos a semana de radioRía. Para iso os alumn@s de infantil e 1° leron fragmentos das obras de Carlos Casares. Podedes ver algunhas fotos dos primeiros reporteiros radiofónicos.Tamén alguns nenos de 6º tocaron o seu instrumento(gaita, trompeta) para amenizar a primeira sesión radiofónica.






9 de maio de 2017

Facendo uso das "LETRAS GALEGAS"

Xa que comezan  as "LETRAS GALEGAS", nós facemos uso delas todo o ano. Por iso, aproveitamos que temos padriños e madriñas para pintar no noso patio palabras en galego.
Mirade que ben o fan os de 4 anos dirixidos por os seus padriños e madriñas de 4º de E.Primaria








3 de maio de 2017

XA CHEGA O CORRELINGUA 2017

Nesta nova edición do Correlingua participarán o alumnado de 1º, 2º e 4º curso de Primaria o 11 de maio baixo o lema 
"EN GALEGO SEN CANCELAS"
Para máis información premede no cartaz.
http://www.correlingua.gal/

4 de abril de 2017

A RECONQUISTIÑA 2

http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-575430-la-reconquistina-toma-casco-vello.html
 Preme na imaxe para ver as noticias do Faro de Vigo.

Por fin chegou o GRAN DÍA, A RECONQUISTIÑA. O alumnado de 3º e 4º de E.  Primaria estivo moi nervioso. Tiveron que vestirse cos atuendos típicos da época. Mirade:
          
E algúns ,vestíronse de FRANCESES, prestados polo Concello de Vigo. Estiveron felices. Se queredes, mirade o video.








 

A RECONQUISTIÑA 1

Os cursos de 3º  e 4º de E. Primaria van participar na RECONQUISTIÑA. 

O primeiro que teñen que facer é construir,  nas súas casas, un tambor con materiais de refugallo e deberán traelos á escola porque virán os responsables de PONTE NAS ONDAS, para ensaiar con eles a maneira de tocar o día sinalado.
Viñeron tres percusionistas que trouxeron os seus tambores feitos tamén de material de reciclado para ensaiar cos rapaces. Ensaiaron varias pezas e cancións para mostrar nese día , xoves 30 de marzo, cos demais "coles" de Vigo participantes.
 

24 de febreiro de 2017

24 de febreiro:DÍA DE ROSALÍA

O cole sumouse á celebración do Día de Rosalía cun acto de homenaxe onde non faltou a música coa interpretación de "adiós  ríos, adiós fontes" a cargo do alumnado de 6º curso como apertura do acto de homenaxe e logo saímos ao patio coas nosas rosas para recitar as verbas de poemas entre todo o alumnado.




 

21 de febreiro de 2017

VISITA OS GUERREIROS DE TERRACOTA

GUERREIROS DE TERRACOTA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Ao fin todo o colexio visitou os Guerreiros de Terracota

ESCOLA NAS ONDAS

http://pantallineducacionprimariariadevigo.blogspot.com.es/

Polo programa "Ponte nas Ondas" no que xa levamos varios anos, esta vez impartíronnos en aula un programa de audio auda-city e fixémolo con gran ilusión.
Preme na imaxe e verás o vídeo no blogue de primaria 


11 de febreiro de 2017

VISITA DO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES "PARQUE DE CASTRELOS"

O xoves 26 de xaneiro recibimos a visita dos usuarios e usuarias de "Parque Castrelos". Para nós foi unha experiencia moi emotiva pois tratábase dun encontro interxeracional que espertaba sensacións moi positivas por ámbalas partes. Nós ofrecémoslle como petisco varias actuacións que conformaron a gala do noso Festival de Nadal. O alumnado de 4º a obra de teatro "A burriña de Belén", o alumnado de 2º a canción de "Buscando o Señor Manuel" e 6º curso unha representación que versaba sobre o Coliseo Romano. Por último os nenos e nenas de 3 anos ofrecéronlle a súa compaña con biscoito. Haberá novos encontros durante este curso neste caso no seu centro.

7 de febreiro de 2017


Esta é a mostra dalgunhas imaxes que se poden visitar na exposición TERRACOTA WARRIORS. Algúns alumnos do centro xa a visitaron nunha primeira volta, aínda haberá máis.
Visita o blogue da biblioteca para ver máis. Fai clic na primeira imaxe






Se queres ir repasando os coñecementos que nos impartiron os monitores e monitoras da visita aos guerreiros de terracota repara nestas imaxes que veñen a continuación: