31 de outubro de 2018

TEMPO DE MEDO

Continuamos co "TEMPO DE MEDO". O alumnado coas súas familias elaboran contos de medo que se exponen nas corcheiras da entrada do noso cole. Así todo o mundo pode velas e lelas.


23 de outubro de 2018

Cartas de medo

Coa inminente chegada do Samaín, está chegando un tempo de medo e estamos preparando o noso cole para que ninguén se asuste. 
 Realizamos un concurso de cartas de medo. titulado: "Non te asustes". Estas son as bases.
Animádevos a participar


Visita dos avós en 4º de Primaria

Continuamos un curso mais, con esta espectacular actividade: a visita dos avós e avoas ás aulas para contar as súas vivencias cando eran mais novos.
Hoxe visitunos a avoa de Dani e Yoel González. Veu contarnos os tempos nos que ela ía ao cole. Ao final, agasallamola cun debuxo.



Un ano mais...

Un ano mais… e outro novo curso con novas inquedanzas e apaixoadas aventuras en galego.Dispostos a mostrarvos as feitas no cole para compartir con vós.
Empezaremos con alegría... e facede música con nós.
BENVIDOS !!