25 de xaneiro de 2018

RECONQUISTIÑA (CONCURSO DE DEBUXO)

Despois de participar no concurso de debuxo para elaborar o CARTAZ da Reconquistiña, unha alumna do Ría, "Xiana Cabezas",  foi premiada cun accesit e o colexio recibiu por participar un lote de libros. Moitas grazas e NORABOA a tod@s. 



 Deixamos os debuxos finalistas:
(Dous deles tamén foron do noso cole)


Un pouco de música galega

Carlos Nuñez & The Chieftains Muiñeira de Chantada.



https://www.youtube.com/watch?v=uJ1ynTMUj0c
https://www.youtube.com/watch?v=uJ1ynTMUj0c

24 de xaneiro de 2018

NADAL

Chegou o NADAL ao Ría de Vigo. E como este ano o tema é o CINE, pois o Ría vai ter un NADAL DE PELÍCULA.



Exposición de xoguetes antigos

O equipo de normalización decidiu pedir ás familias xoguetes de outras épocas, de cando eles eran xóvenes. Xoguetes de aquí e de acolá. Recollimos unha mostra bastante interesante.






11 de xaneiro de 2018

Visita de avos e avoas de 4º de E.Primaria

Os nenos de 4º de E.Primaria decidiron facer una invitación para convidar aos avós e as avoas a que visiten as nosas aulas para que conten como era a escola cando eles eran pequenos.



As visitas foron moi simpáticas e os nenos escoitaron moi atentos as vivencias daquela época. Ata houbo algunha nena, que debuxa moi ben , que fixo algún retrato dunha avoa e agasallouna co retrato.

Avoa de Metse

Continuaremos durante todo o curso con esta maravillosa experiencia.



CARTAZ DA RECONQUISTIÑA

O alumnado de 4º, como ten pensado acudir á Reconquistiña,( xa o fixo o ano pasado) participou na elaboración e posterior concurso do cartaz de dito evento. Mostramos una recompilación dalgún cartaz feito polos nenos.