16 de xuño de 2017

ISIDRO Ambrosio Marcial



Xa que estamos no programa PONTE NAS ONDAS, esta vez da súa man, recibimos a ISIDRO, un mariñeiro do CASCO VELLO que veu contarlle aos alumnos de 4º de E. Primaria a súa vida no mar. Ensinoulle a facer nós mariñeiros e mostroulle o seu deseños de barcos.

INTERTEATRO: Ceip SEIS DO NADAL

E seguimos co  programa de INTERTEATRO. Esta vez tocoulle ao Ceip Seis do Nadal que representou a obra "O QUE FAI O MEU BIEITO ESTÁ BEN FEITO".A súa actuación foi espectacular.Moitas grazas. O alumnado recibiu un diploma e un agasallo.







INTERTEATRO: Saladino Cortizo

O alumnado do CEE Saladino Cortizo que participa no programa de INTERTEATRO  encargouse de representar a obra "A MOSCA CHOSCA" no noso centro. Fixérono estupendamente. Despois estiveron co noso alumnado no patio entablando relaciones de amizade.