27 de xaneiro de 2019

A RECONQUISTIÑA: Concurso de debuxo

Despois de participar no concurso de debuxo para elaborar un cartaz da Reconquistiña 2019, un grupo de nenos e nenas de 4º de E.Primaria resultaron agraciados cun accésit.

Na tarde do martes 22 de xaneiro, o alumnado premiado de 4º de Primaria  acudiu á Alcaldía do Concello de Vigo para recibir o seu presente da man do alcalde da cidade. Pódese adiviñar nos seus rostros a cara de satisfación que tiñan!!



CAMISETAS PARA A PAZ

O alumnado de 4º de E.Primaria de igual xeito ca o resto do cole, está facendo as camisetas da igualdade para o día da Paz. Aquí podemos ver os pasos: plantilla, protección da camiseta e estampación. A súa cor é verde pero cada grupo ten a súa cor.








Tamén o alumnado de 4º axuda aos seus afillados lectores a facer as súas camisetas para o Día da Paz.