18 de maio de 2022

Activismo toponímico

 Ao longo do mes de maio iniciamos o proxecto "Activismo toponímico" encamiñado a, que do mesmo xeito que fixo Florencio Delgado co seu Valdeorras natal, o noso alumnado tomara conciencia do grande patrimonio toponímico que temos na nosa zona e que, por desgraza está caendo en desuso.

Nun primeiro lugar animamos ao alumnado a que investigase nas súas casas nomes de terreos familiares e que os recollesen nun documento-rexistro no que ademais figurase a súa xeolocalización. No momento de realizar esta publicación levamos recollidos uns 70 microtopónimos dos barrios de San Miguel de Oia, Saiáns e Coruxo. e o proceso esta aberto. De feito, a actividade de realizar un mapa dixital a partir da información recollid a a sí como o volcado da mesma na plataforma "Galicia nomeada" vai ser posposta para o vindeiro curso. Está actividade está sendo realizada no IES Coruxo xa que é un proxecto conxunto entre os EDLG de ámbolos Centros .

Como complemento ao referenciado anteriormente, no colexio decidimos dar luz aos topónimos recollidos presentándoos en camisetas pintadas polo alumnado baixo o lema "Un lugar, un nome". Quedaron moi xeitosas!!!!!

A todo isto, grazas a esta actividade fomos quen de recuperar o microtopónimo das leiras nas que, hai xa 50 anos foi edificado o noso cole. Sabedes cal é? Mirade que chulo!!! CHANDALVA

Poesía-Letras galegas 2022

 O venres 13 de maio, como anticipo do Día das Letras Galegas, o alumnado de 6º curso participou no IES Coruxo nun acto a prol da paz e da concienciación sobre a importancia da música nas nosas vidas. Para iso, nun recreo e para toda a comunidade do IES, alumnado de 3º da ESO interpretou o Chote de Leirado e a aula de 6º curso do CEIP Ría de Vigo interpretou o Imagine. Todo isto como prólogo ao que viría a continuación e que queda recollido neste vídeo. 

Nun principio tiñamos programada esta actividade para celebrar o Día da Poesía na Vila Romana de Toralla en marzo pero non o puidemos realizar debido as choivas que nos acompañaban neses días. Decidimos entón aunar esa celebración coa
das Letras Galegas, xuntando entón a poesía coa figura de Florencio Delgado Gurriarán. Houbo de todo: "Adios ríos, adios fontes" en versión musical, recital poético-musical por parte das rapazas e rapaces do IES, obradoiro de creación poética a partir da información en relacion aos restos romanos aportada por un técnico de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo e interpretación músico-poética colectiva do "Vento do norte" de Florencio Delgado.

Unha xornada para non esquecer