15 de maio de 2012
Pasaxeiros ao tren!! subimos ao tren de Martiño
¡Qué preocupado durmiu Martiño aquela noite! pensando que tiña que ouriñar, pero co medo que de que o viran os Reis Magos.
Os nenos e nenas de 3º axúdanse nas actuacións dando soporte musical un curso ao outro.
Visita dos avós
Na aula de alternativa os alumnos/as coñecen outros paises, e así reciben a visita dun avó que estivo de viaxe en London, e veu a mostrarlles todo o que viu na súa viaxe e a impresión que lle diu o que alí puido ver.
PREMIADOS!!!! NORABOA ARTISTAS!!!
O pasado mes participamos no "IX Certame Literario do Concello de Ames" e onte recibimos a boa nova... Lara, Mario, Fiz e Xián forón premiados!!! NORABOA ARTISTAS!!
Noticia: A novena edición do Certame Literario Concello de Ames de narrativa e
poesía e a cuarta do Certame Artístico-Literario Intercentros xa teñen
os seus gañadores. A entrega de premios destas dúas actividades terá
lugar o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, no auditorio da
Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. Premendo nos enlaces que
están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a
listaxe completa dos premiados no IX Certame Literario do Concello de
Ames e na cuarta edición do Certame Artístico Literario Intercentros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)