26 de xaneiro de 2013

Festa de outono: Xa o vin 2012

 Ola, compañeiros e compañeiras. Os alumnos de 4º de primaria imos facer unha mostra do que é para nós a Santa Compaña: unha lenda que só existe aquí, no noso pais. Ímola acompañar do Conxuro Universal da Queimada.



Sabedes quen son eu?
Son una velliña, que vos vai ler o conxuro. Ao mesmo tempo que o meu redor desfilará a Santa Compaña. Non teñades medo!













Conxuro universal da queimada















Maxia de oleiro que fixo esta cunca,
Poder curativo do sangue da terra,
Vento que moves as lapas do lume,
Xurden pantasmas no meu pensamento,
Érguense os bafos quitándome o alento.

Procesións de almas que non achan descanso,
Son testemuñas da soidade no alén.
Camiñan silandeiras na noite dos vivos,
Lendas que espertan o medo nos cativos,
Sombras que tocan na arpa do vento,
Candeas acesas que se apagan ó momento.

Asubíos e tremores no medio dos montes
Ollos que viran, corpos que expiran
Arrepío de arañas, serpes e alacráns,
Posúen xa de novo poder as miñas mans.
Espallarase de seguido este ben milagreiro
Polo camiño do Apóstolo ó mundo enteiro.






Ouvea o can coma un lobo, canta a pita coma un galo,
Voan os corvos moi perto do camposanto,
Pasa das doce, perto anda a unha,
Medra a roda da mala fortuna,
Ó esmoreceren as lapas desta lumieira,
Sálvese coa poción todo aquel que queira.

Pregade conmigo para que se arrede o mal:
“-Ábrese a néboa, xa se ve a lúa.
Morren as tebras sen condicións,
Son claras mostras da salvación.
Gadaña que segas a vida nas terras,
Acaba coas meigas que neste lume berran-”.

“Achegádevos poderes e persoas de tódolos recunchos”:
Arxilas das terras das olas, caña das terras dos cañeiros,
Valentes mulleres e rexos homes das hortas do mar,
Sentímosvos connosco, para esta festa celebrar.
Polo poder dos espritos, que ti sintes pero non ves,
¡Queimada eu te fixen e Queimada ti és!