19 de novembro de 2013

Celebrando o Magosto


O pasado día 11 de novembro, día de San Martiño, colocamos no porche da escola unha lámina onde El Greco explica a lenda do santo:
"San Martiño atópase cun mendigo que lle pide caridade. Como non ten moedas, colle a súa espada e corta a súa capa en dous, dándolle a metade."

lámina de El Greco, "San Martiño"

Ese mesmo día, celebramos tamén a tradicional festa do Magosto. Despois do recreo, asamos castañas no patio para despois dar boa conta delas. 

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEggZvyXSwJL7jn5sHtnQqjQNqyr0gMZe4Hl0CVEPwV4WRLuGa9hLBut5H2jEfOzndxTomNPuXYhGW1PtxHvFGzhBpGw5r4C5zF-xPby4OiTKnGVSbaCKmQc8-pUMflGoQmPbwzZUXx0xn0/s1600/la+foto+5.JPG

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjW_rsAUFW-r4FAtcFJsVQ1WcdS91zbcU3jH2IOyOutmj7geptJCPTs0C2ziHlA3lb8db4DuRx4Jx7ZEjggTxP6OkiJHWQz73GDAaIdLnVyKlYBFHbsPVAUgPMwvnvqR3bPmgqBwseTRA4/s1600/la+foto+7.JPG 

Tamén participamos na rolda de xogos populares que tiñamos preparados,  nos que participou todo o colexio. Foron dirixidos e custodiados por uns profes moi especiais, os alumnos de sexto curso.







Agardamos que disfrutarades de tan fermoso día!!!




15 de novembro de 2013

O Cullarapo Croque

Onte, martes 22 de outubro, desfrutamos dunha actividade sobre o conto "O Cullarapo Croque", grazas á visita á escola de Miguel, un mestre contacontos moi divertido (preme no seu nome para coñecelo un pouco máis).
Ao longo da actividade, puidemos descobrir os poemas que integran o libro e que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado. 
Todos os presentes escoitamos con atención a Miguel, así coma participamos nas actividades e xogos que nos propoñía. Ao rematar a sesión, puidemos debuxar nunha folla unha das personaxes do conto que máis nos gustou e agasallar ao noso contacontos cunha morea de debuxos sobre o libro.
Aquí vos deixamos as imaxes da sesión.
Aquí vos deixamos coa presentación deste libro (un vídeo que puidemos atopar no blog  http://elvuelodelasmariposas.com/)

Por último, compartimos tamén este vídeo cos versos do libro.

13 de novembro de 2013

Samaín

Boas a todos! Estamos no tempo de recoller a colleita do outono: as castañas, o millo, as noces... e as cabazas!
Hai pouco celebramos o Samaín. Cada neno tallou unha cabaza na casa, cadaquén máis ocurrente, graciosa, terrorífica... e espuxémolas no colexio. O lugar que lles buscamos foi onda o Peto de Ánimas, que como xa sabedes é unha construción popular galega. É típico poñerlle neste tempo algunha ofrenda para as ánimas: unha candea acesa, flores ou tamén un froito da nosa colleita, por exemplo, unha mazorca de millo.

A continuación deixámosvos unhas imaxes das vosas fantásticas creacións!


Cabaza gaiteira

  

Unha cabaza máxica



Terrorífica!
Mudou de cor... verde!
"O Trasmundo" de Laxeiro, no peto de ánimas
O peto de ánimas

Moitas grazas a todos por participar!!!