28 de novembro de 2014
GALEGO-PORTUGUÉS
O día 25 de novembro o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de participar nunha actividade de oralidade galego-portuguesa convidados por "Ponte Nas Ondas"
Tiveron o gusto de cantar e bailar acompanando a Paco Nogueira...
Estivo moi entretida a colecionista de libros portugueses que contaba unha historia. O alumnado comentou que, con ser en portugués se entendía bastante ben.
Por último todos danzaron co grupo Migallas ao son de Pan de Millo.
12 de novembro de 2014
O MAGOSTO
Que ledicia que chega o magosto. Para lembralo mellor recreamos a nosa imaxinación no porche do cole cunha velliña moi graciosa que coida o lume onde se asarán as castañas. SAbemos que estamos nun tempo onde lembramos os nosos ánimos cun peto de ánimas, e de todos é sabido que as castañas se relacionan coas ánimas nese tempo en que sempre é noite e é cando mais anda o moucho.
Contámoslle aos nenos/as que é un colar de zonchos e enchemos os correodres con este obxecto.
Pero o máis gracioso foron o castañeiro e a castañeira por onde pasaron tódolos nenos/as de infantil.Que guai estaban!
Mais...non volo perdades tamen pasaron por alí moitos mestres/as a retratarse.
8 de novembro de 2014
4 de novembro de 2014
OUTONO
Xá estamos no Outono. O ceo ás veces é gris, o sol dourado vello, os días curtos, as noites longas para soñar.
Se reparamos ao redor de nos, atopamos arte, por exemplo neste tempo chaman a atención os petos de ánimas que a xente lles pon ofrendas.
Como xa maduraron as cabazas, nos xogamos con elas e poñémoslle caras divertidas de medo.
Pero tende coidado cos trasnos, trasgos e diaños, andan de noite a facer alloadas!!
SAÍDA AO VERBUM DE 2º E 3º DE PRIMARIA
O 16 de outubro tivemos unha saída ao VERBUM, tratábase dunha representación do grupo Tanxarina.
Un grupo de actores con siluetas animadas contaban a historia de Roberto, un neno que se entera de que ao seu avó vanlle quitar a casa.
O neno, moi preocupado pola situación do seu avó emprende a marcha na busca de solucións. Nesta busca atópase con difrentes personaxes cos que protagonizará divertidas aventuras.
Finalmente coa axuda da xente coa que se vai atopando, impiden que o avó se quede sen casa e o celebren cunha marabillosa festa.
OPINIÓN:
Gustounos moitísimo. Móstrase dunha maneira moi coidada unha realidade moi cruel que estamos vivindo na nosasociedade actual.
7 de outubro de 2014
BENVIDOS O NOVO CURSO!!
Ola compañeiros e
compañeiras. Xa empezou un curso máis. Moito ánimo!
Este curso imos empezar
por onde rematamos o ano pasado. Lembrades que acabamos escribindo LERIAS DO
RÍA. Aquí as tedes. Os compañeiros maiores do "noso cole" van
repartilas polo comercio local para que tódolos veciños/as saiban cousas
bonitas que escribiron os "nosos escritores e escritoras". Así
poderemos aproveitar todos e todas para aprendelos de memoria.
Que vos parece?
2 de outubro de 2014
24 de xullo de 2014
15 de xuño de 2014
Os maios
E chegaron os maios...
O xoves 16 de maio, os alumnos de 3º foron facer unha visita ao centro de día "Parque Castrelos".
Iban che@s de ilusión, como agasallo aos nosos maiores, levabaron os adornos para o cabelo, feitos con flores naturais e tamén un ramo de flores cadanseu para adornar aquel maio que ian compartir entre todos.
Á súa chegada, dispuxéronse en distintas mesas cos maiores e fixeron enormes colares de flores amarelas para pór arredor do maio.Os maiores axudáron na medida do posible. Entre todos coseron moitísimos colares!
Despois colocron o maio no medio de todos e, un por un, fóronlle colocando tódolos adornos que tiñan pensado, pero...non volo perdades: os nosos maiores tamén quixeron que lle colocaran adornos no cabelo! na lapela!
Cando xa tiveron o maio,cantaron arredor del e recitaron coplas como a seguinte, creada pola súa titora Carmen:
VIMOS DENDE O RÍA
HOXE E OUTRO DÍA
COAS COPLAS DOS MAIOS
PARA OS NOSOS AVÓS.
UN DÍA PINTAMOS
MOITOS RETRATOS
HOXE RIMAMOS
PERANTE UN RATO
FACEMOS UN MAIO
NO VOSO PATIO
CANTÉMOSLLE LOGO
O QUE FIXEMOS TODOS.
ESTE É O MAIO
ES O MAIÑO É
QUE DURME DE PÉ.
FACEMOS UN MAIO
TRAÉMOSLLE FLORES
NON TEÑAS DESMAIO
NIN TAMPOUCO CHORES.
ESTE É O MAIO
DE FLORES CUBERTO
PUÑÉMONOS Á PORTA
PEDINDO OS NENOS
Máis tarde, noutra sala, deixáronlle un deseño do maio a cadanseu. A eles encantoulle ver aos nen@s deseñando para eles.
Todos o fixeron de grande gusto... agás alguén que ficou despistado lendo o xornal.
Sabedes que nos dixeron? Que querían vir vernos ao cole! Nós dixémoslle que sí!
Qué vos parece?
Qué vos parece?
14 de maio de 2014
Celebración do Día da Paz
... e por fin puidemos xuntarnos para celebrar o Día da Paz!!!
O día 11 de abril do 2014 recibimos no Ría de Vigo aos compañeiros/as do “cole” Alfonso Rodríguez Castelao co gallo de celebrar o día da Paz entrambolos dous. Esta actividade estaba programada para o 30 de xaneiro mais debido ao mal tempo que nos acompañou foi posposta ata este día.
Cando chegaron os compañeiros do Alfonso Rodríguez Castelao
saimos a recibilos na parte traseira do cole.
Despois dirixímonos
ao ximnasio para agasallalos coa representación musicada do Guernica de Picasso.
Cando chegou a hora do recreo xuntamos cursos de igual nivel e fixemos xuntar ás parellas que se cartearon previmente ao Día da Paz e xuntos tomamos a merenda.
Chegou o momento de reunirnos outra vez todos para
soltar “as pombas da Paz". Ao fin tivemos un intercambio de agasallos que nos valeu como despedida.
9 de abril de 2014
As Letras Galegas ao longo da historia
Pensábades que a conmemoración do día das Letras Galegas era recente? Nada máis lonxe da realidade amigos!
Este día adicado á nosa literatura vense celebrando dende o ano 1963, cando se lle adicou por primeira vez a Rosalía de Castro.
Se premedes na imaxe, poderedes ver a quen se lle adicaron as Letras Galegas cada ano, e mais o lugar de nacemento de cada un deles no mapa!
Este ano 2014, o 17 de maio será adicado a Xosé María Díaz Castro. Para máis información sobre o autor, podedes visitar a súa páxina oficial:
o espazo que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta lle adica:
e a páxina oficial do Día das Letras Galegas:
25 de marzo de 2014
Actividade SNL
Ola a todos!
Que divertidos eran os monitores! Deunos mágoa que se foran tan pronto...
Tivemos a sorte de que nos foi concedida unha actividade do SNL do Concello de Vigo. Nela participou o curso de 4º de Primaria.
Tratábase de dar un paseo por Vigo para coñecer os lugares máis emblemáticos a traveso dun xogo da OCA. Os alumnos/as estiveron moi atentos. Participaron ademais con sopas de letras, encrucillados, etc.
Que divertidos eran os monitores! Deunos mágoa que se foran tan pronto...
Ata a próxima!!!
14 de marzo de 2014
Entroido 2014
E por fin chegou o día...!
Todo o colexio, dende os máis pequenos ata os maiores, saíu ao patio a festexar. Tras unha semana cumprindo as ordes do Meco xa tiñamos gañas de poder lucir os nosos traxes. Todos eles estaban baseados no proxecto do centro: "Lendo con arte".
O pasado venres 28 de febreiro celebramos o Entroido, esa tradicional festa tan arraigada na nosa terra.
Todo o colexio, dende os máis pequenos ata os maiores, saíu ao patio a festexar. Tras unha semana cumprindo as ordes do Meco xa tiñamos gañas de poder lucir os nosos traxes. Todos eles estaban baseados no proxecto do centro: "Lendo con arte".
Así, os rapaces/as de Educación Infantil rendiron homenaxe a Van Gogh, con disfraces inspirados na "Noite estrelada", "Os xirasois" e vestidos de pintores.
O primeiro ciclo de EP centrouse en Velázquez, con traxes que emulaban ao pintor e ás famosas Meninas.
Segundo ciclo foi de 'autorretratos', cun marco ao redor da cara elaborado por eles mesmos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)