28 de novembro de 2014

A SAÍDA DE "PONTES NAS ONDAS"









GALEGO-PORTUGUÉS

O día 25 de novembro o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de participar nunha actividade de oralidade galego-portuguesa convidados por "Ponte Nas Ondas" Tiveron o gusto de cantar e bailar acompanando a Paco Nogueira... Estivo moi entretida a colecionista de libros portugueses que contaba unha historia. O alumnado comentou que, con ser en portugués se entendía bastante ben. Por último todos danzaron co grupo Migallas ao son de Pan de Millo.

12 de novembro de 2014

O MAGOSTO

Que ledicia que chega o magosto. Para lembralo mellor recreamos a nosa imaxinación no porche do cole cunha velliña moi graciosa que coida o lume onde se asarán as castañas. SAbemos que estamos nun tempo onde lembramos os nosos ánimos cun peto de ánimas, e de todos é sabido que as castañas se relacionan coas ánimas nese tempo en que sempre é noite e é cando mais anda o moucho. Contámoslle aos nenos/as que é un colar de zonchos e enchemos os correodres con este obxecto. Pero o máis gracioso foron o castañeiro e a castañeira por onde pasaron tódolos nenos/as de infantil.Que guai estaban! Mais...non volo perdades tamen pasaron por alí moitos mestres/as a retratarse.

4 de novembro de 2014

OUTONO

Xá estamos no Outono. O ceo ás veces é gris, o sol dourado vello, os días curtos, as noites longas para soñar.
   Se reparamos ao redor de nos, atopamos arte, por exemplo neste tempo chaman a atención os petos de ánimas que a xente lles pon ofrendas.
   Como xa maduraron as cabazas, nos xogamos con elas e poñémoslle caras divertidas de medo.
   Pero tende coidado cos trasnos, trasgos e diaños, andan de noite a facer alloadas!!

UMMHHH QUE ACTIVIDADE MÁIS BONITA A DO VERBUM

SAÍDA AO VERBUM DE 2º E 3º DE PRIMARIA

   O 16 de outubro tivemos unha saída ao VERBUM, tratábase dunha representación do grupo Tanxarina.
Un grupo de actores con siluetas animadas contaban a historia de Roberto, un neno que se entera de que ao seu avó vanlle quitar a casa.
   O neno, moi preocupado pola situación do seu avó emprende a marcha na busca de solucións. Nesta busca atópase con difrentes personaxes cos que protagonizará divertidas aventuras.
   Finalmente coa axuda da xente coa que se vai atopando, impiden que o avó se quede sen casa e o celebren cunha marabillosa festa.

OPINIÓN:
   Gustounos moitísimo. Móstrase dunha maneira moi coidada unha realidade moi cruel que estamos vivindo na nosasociedade actual.