30 de xaneiro de 2015

LUDOTECA LINGÜISTICA PARA 4º DE E.P.

Hoxe o alumnado de 4º de educación primaria tivo unha sesión de Educación Física moi especial. Trátase dunha clase moi dinámica de Lingua Galega organizada polo SLN do Concello de Vigo que o trouxo ao noso cole en forma de Ludoteca. Os rapaces/as participaron moi activamente facendo os distintos xogos que lles ofreceron as tres doutoras especialistas en Lingua Galega coa fin de que non morrera a Nosa Lingua, ningún mellor ca estes no seu interior está a idea de conservala. Ofrecemos unha reportaxe fotográfica da mesma.

19 de xaneiro de 2015

UNHA OBRA EN GALEGO MOI DIVERTIDA!!!

    Este xaneiro o alumnado de 4º de educación primaria, representou a súa obra, "O Noso Nadal" a un público moi entendido!!! posto que recibimos a visita do Centro de Día Parque de Castrelos!!. Ahhh e despois unha chocolatada mooooiiiiiiii riiiiica!!!