27 de outubro de 2017
SAMAÍN
Pensando que somos un "cole de medo" pediuselle ás familias que colaboraran debuxando nun folio ou similar unha superstición ou un amuleto.Vendo que colaboraban, coma sempre, masivamente colocámolas na corcheira da entrada do cole dentro dos fotogramas "de cine"porque este ano o proxecto do cole vai de cine. Logo démoslle un aire correspondente a esta altura do ano.
O resultado foi "de medo"!!!
Mirade...Mirade....
25 de outubro de 2017
PAOS DE CHUVIA
Como xa levábamos un tempo sen que a choiva fixera a súa aparición e despois destes días de tanto lume, o alumnado do RÍA DE VIGO quere chamar á choiva. Para iso recitaron un poema para que se deixara ver.E cuns paos de choiva animan a que o fenómeno apareza.
FIXADEVOS QUE BEN O FIXERON
FIXADEVOS QUE BEN O FIXERON
DE VOLTA NESTE NOVO CURSO
Xa estamos de volta neste novo curso con moitas ganas de facer un bo traballo en galego.Por iso continuamos animándovos a falar e a escribir na nosa lingua.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)