29 de novembro de 2018

VISITA AO CENTRO DE DÍA "PARQUE CASTRELOS"

Como ven sendo costume, o alumnado do Ceip Ría de Vigo xa está afeito a visitar aos maiores deste centro de día. Pero este ano foron os pequenos de 5 anos os encargados de visitalos. Disfrutaron un montón tanto os maiores como os pequenos.
Se queredes ver que ben o pasaron, podedes ver o blog de infantil.

 http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/2018/11/centro-de-dia-castrelos.html

18 de novembro de 2018

MAGOSTO

No magosto que fixemos nos Montes de San Miguel de Oia pasámolo fenomenal.Comimos castañas, choripán, e tamén fixemos moitos xogos .E por suposto plantamos dous carballos xa que xa fai un ano que os nosos montes sufriron un terrible incendio . 



Moitas grazas as familias e a Comunidade de Montes de San Miguel de Oia.

SAMAÍN

Aquí vos deixamos unhas imaxes da festa do Samaín e poderedes comprobar que ben o pasamos.