24 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

24 de Febreiro Día de Rosalía.
Na mañá do venres 22 de febreiro, antes do recreo o alumnado de sexto prepara a escena onde terá lugar o auto en honor a Rosalía.Así mentres alún alumnado sobe ao tellado e se prepara para interpretar "Adeus, ríos, adeus fontes" dúas compañeiras cantan a canción. Outros tocan con instrumentos de corda a música e dende o alto despréndense grandes cartaces e todos podemos ler os poemas da nosa Rosalía. 
Estes cartaces descansan nas corcheiras do porche.






https://www.youtube.com/watch?v=Zxerntxv-4g
O Concello da Pobra de Trives versiona un poema de Rosalía Dende aquí vexo un camiño" e queremos que o vexades.
https://www.youtube.com/watch?v=fNVbDHRCtDs

RAP ELABORADO POLO ALUMNADO DE 5ºB

E seguindo coas orixes de Vigo, o alumnado de 5º B elaborou un rap o cal expuso aos compañeiros de 5ºA.





O texto foi o seguinte:

Falas en galego, sí
Coñeces Vigo, sí
E a súa historia, sí ,sí
Imos alá:
Empezou así
400 anos antes de min
estiveron aquí.
Quen?
Os celtas,
os suevos, sí, sí
E despois?
os romanos?
Non, os romamos non ?
E que fixeron? 
Non sabemos ben!
Nós sí, sí
E esa muraia?
E ese Castelo medieval? non sí?
Sí, sí,
Non, non,
Era unha vila
Agora non.
Que é agora?
Unha fermosa cidade

Orixe de Vigo

O alumnado de 5º B expón na aula de galego un traballo sobre as orixes de Vigo despois de se ter dividido en dous grupos na aula.