Nestas últimas datas, en coordinación do IES Coruxo, estamos artellando a realización dun obradoiro de creación e recitado poético.
Todo estaba preparado para que a aula de 6º de primaria se desprazara ata o IES o 21 de marzo pero, unha vez analizada a previsión metereolóxica, vémonos na obriga de adiar esta experiencia.
Poderedes pensar que somos moi esaxerados por cancelar a actividade a causa de que poida chover un pouquiño; "total, dentro do IES non chove!".
O asunto é que, en parte, teriades moita razón. Efectivamente, para interpretar o Imagine e o Chote de Leirado no patio central do IES non habería problema. O preocupante é que, unha vez realizada esta primeira parte, tiñamos pensado desprazarnos en compaña dunha aula e 3º da ESO ata a Vila Romana de Toralla para realizar o obradoiro de creación poética e, nese caso, a choiva si que pode estropear todo.
De todos xeitos, como xa dixemos, somentes se trata de ter un pouquiño de paciencia xa que haberá oportunidade de realizala,; iso si, á volta se Semana Santa xa que a organización dun centro escolar é complicada. Neste caso, aínda peor o temos xa que somos dous a pornos dacordo e a realización de exames e outras actividades programadas anteriormente así o esixen.
Chegado o momento teredes información sobre o acontecido ao redor deste proxecto