26 de febreiro de 2015
ACTIVIDADE DE DOBRAXE PARA 3º, 4º, 5º E 6º DE E.P.
O DÍA 24 DE FEBREIRO, TIVEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE E A VEZ MOI DIVERTIDA!!!
O PASAMOS XENIAL E NOS ENSINARON TODO O PROCESO DE DOBRAXE E...MI MADRIÑA!!! QUE TRABALLÓN!!!. NÓS VEMOS O RESULTADO, PERO NO FONDO TEMOS A MOITA XENTE TRABALLANDO PARA QUE TÍ VEXAS, POR EXEMPLO, UNHA PELÍCULA!!!
24 de febreiro de 2015
CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS: "SON SAN"
Na escola, os nenos e nenas de educación infantil, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos con Raquel Queizás. O título de conto foi
"SON SAN"
e grazas á súa ambientación (elaborada con materiais de refugallo) e á marabillosa posta en escena, e interpretación de Raqueñ, pasamos unha sesión super divertida e moi saborosa, xa que a través da historia, o alumnado puido coñecer a importancia dos hábitos saudables, así como de comer froita de forma rutinaria.
Aquí vos deixamos coas imaxes da sesión que agardamos vos gusten.
Grazas Raquel!!!
30 de xaneiro de 2015
LUDOTECA LINGÜISTICA PARA 4º DE E.P.
Hoxe o alumnado de 4º de educación primaria tivo unha sesión de Educación Física moi especial. Trátase dunha clase moi dinámica de Lingua Galega organizada polo SLN do Concello de Vigo que o trouxo ao noso cole en forma de Ludoteca. Os rapaces/as participaron moi activamente facendo os distintos xogos que lles ofreceron as tres doutoras especialistas en Lingua Galega coa fin de que non morrera a Nosa Lingua, ningún mellor ca estes no seu interior está a idea de conservala.
Ofrecemos unha reportaxe fotográfica da mesma.
19 de xaneiro de 2015
UNHA OBRA EN GALEGO MOI DIVERTIDA!!!
Este xaneiro o alumnado de 4º de educación primaria, representou a súa obra, "O Noso Nadal" a un público moi entendido!!! posto que recibimos a visita do Centro de Día Parque de Castrelos!!. Ahhh e despois unha chocolatada mooooiiiiiiii riiiiica!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

