16 de marzo de 2015

ACTIVIDADE " CAMIÑO DA LINGUA"

O alumnado de 2º de primaria, pasou polo ximnasio, onde participou nunha actividade moi divertida na que aprenderon moitísimas cousas da nosa cidade de Vigo. Fixeron un xogo moi parecido a oca de sempre, pero con moito movemento...e sempre na procura de mellorar a nosa LÍNGUA!!!

3 de marzo de 2015

CONTACONTOS " O ESQUÍO RAMPANTE"

O día 26 de febreiro, un día antes da xubilación da nosa "pprofe" Elvira, @s alumn@s de 1º de primaria tiveron ocasión de gozar dunha das actividades propostas polo ENL do Concello de Vigo "O esquío rampante". Estivemos na Biblio Ría sentadiños e moi atentos os contacontos e tivemos sorte de que ademáis un ilustrador aínda nolo facía entender mellor. Que ben debuxaba!!E ao que o contaba axudáballe moito a nosa participación, daba xenio vernos! Podédelo comprobar coas fotografías que adxuntamos. Abur!!

24 de febreiro de 2015

CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS: "SON SAN"

Na escola, os nenos e nenas de educación infantil, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos con Raquel Queizás. O título de conto foi 
"SON SAN"
e grazas á súa ambientación (elaborada con materiais de refugallo) e á marabillosa posta en escena, e interpretación de Raqueñ, pasamos unha sesión super divertida e moi saborosa, xa que a través da historia, o alumnado puido coñecer a importancia dos hábitos saudables, así como de comer froita de forma rutinaria.
Aquí vos deixamos coas imaxes da sesión que agardamos vos gusten.
Grazas Raquel!!!