30 de xuño de 2021

Saúdo na despedida

 Moi boas!!! Despois de pasar este curso sen mover información neste blogue, aproveitamos o remate do mesmo para repasar a actividade desenvolta polo EDLG no noso cole. 

Non nos enganemos!!!! O feito de que non publicásemos nada nesta plataforma non quere dicir que estivésemos de brazos cruzados. Todo o contrario!!! Polo de pronto, comentarvos a nosa satisfacción pola valoración que se deu á calidade do noso "Proxecto para o fomento da lingua galega". É o mellor valorado de todos os Centro de Educación Primaria de Vigo e bisbarra e un dos 5 mellores a nivel provincial.

A continuación deixamos unha serie de entradas que mostran parte do realizado durante este curso que ben de rematar e que tanto mudou no que a dinámicas escolares se refire.

28 de xuño de 2020

PREPARANDO A RECONQUISTIÑA

Nos días anteriores a decretarse o Estado de Alarma tiñamos un ensaio do que iamos lucir o día do Desfile preparado por tres mozos  membros da Asociación Casco Vello que tanto nos axuda a participar neste evento.
A continuación podemos ver a unha das mestras axudando ao alumnado de 3º a animar a festa.

20 de febreiro de 2020

Visita ao CENTRO DE DÍA Parque Castrelos

O alumnado de 2º de E.Primaria fixo una saída para visitar o centro de día "Parque Castrelos". Alí fomos partícipes do Xoves de comadres, levamos o Meco que fixemos o xoves de Compadres, xuntámonos coa súa Meca e xulgámolos.
 Logo indultamos o Meco levándoo para o Horto Escolar!













16 de febreiro de 2020

HORTO ESCOLAR

O alumnado de 2º axudou á profe Carmen no horto escolar preparando o terreo para sementar. 






Preparación do MECO do entroido

Onte o alumnado de segundo estivo a facer un Meco, figura singular do Xoves de Compadres.
Será compartida o xoves de comadres co centro de día Parque Castrelos








HORTA AROMATICA


O alumnado de 6ºB de E. Primaria axudou a mellorar a horta das aromáticas. Hai tempo que estes rapaces desexaban preparar a horta. Recuperamos os antigos cartaces e conseguimos mellorar o aspecto. 
Proba superada!