8 de outubro de 2013

Rosalía chega a Rusia

Queremos subliñar unha noticia que, anque xa pasou, terá repercusión para o futuro e é que o día 26 de setembro, Día Europeo das Linguas, Cultura e Educación presentou a tradución de "Cantares Gallegos" ao ruso, co gallo da conmemoración do 150º aniversario da súa publicación. Este acto tivo lugar na casa-museo de Rosalía (Padrón).
A tradución a un dos idiomas de máis falantes no mundo, conmemora a marcaxe do inicio da recuperación da lingua e da literatura galegas despois dos chamados Séculos Escuros.
Así, a "nosa obra" pasa a ser tamén patrimonio dos rusos, que posúen ademáis unha extraordinaria e singularísima tradición literaria.
O obsectivo é concienciar da riqueza e da variedade lingüística de Europa.
O CEG (Centro de Estudos Galegos) de San Petesburgo forma parte da Rede de Centros de Estudos Galegos que a Xunta de Galicia mantén en universidades de varios continentes para difundir a lingua e a cultura galegos polo mundo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario