25 de febreiro de 2014

Celebración Día da Paz


O día 30 de xaneiro celébrase a PAZ. Nós temos artellado un intercambio co CEIP Castelao. Tódolos alumnos e alumnas do centro visitarán o Ría de Vigo, onde os recibiremos cunha representación musicada do cadro Guernica, de Pablo Picasso, para a continuación pasar a mañá no patio, onde compartiremos 25 xogos cooperativos, que todos desfrutamos a reo.


Tamén aproveitamos para que os alumnos dos dous centros que se corresponderon por correo escrito se coñezan en persoa mentres comparten unha merenda ao aire libre e comproban que as descricións que recibiron se corresponden coa realidade ;)
               












Tan só agardamos que o tempo nos deixe celebrar tan esperado día!

Cánto sabes sobre o ENTROIDO?

Xa está chegando o Entroido!

Todos e todas estamos a traballar cos disfraces, investigando sobre os nosos costumes... preparando o Entroido. Queremos compartir os seguintes enlaces para que poidades aprender máis sobre esta festa tradicional e pasedes un bo rato cos distintos xogos, manualidades e actividades propostas.

Preme na imaxe

Preme na imaxe

Día de Rosalía

Bos días!! Onte, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no cole. Para nós foi unha figura moi importante porque deu o paso de escribir en galego tralos Séculos Escuros (s.XVI, XVII e XVIII).


 Onte, para conmemorar este día, visitounos Pedro Feijóo, exalumno do noso cole. Escribiu dous libros, o segundo está baseado nos poemas de Rosalía de Castro, por iso nos visitou.
Contoulles aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria sobre o seu traballo de investigación sobre a autora. Aos nenos e nenas parecéronlles moi interesantes as anécdotas de Rosalía (o seu pai, os seus fillos, etc.). Tamén racitaron algúns poemas que o escritor escolleu para a ocasión, mostrando así esoutro lado de Rosalía que non coñecían.




A continuación deixamos uns enlaces para que poidades xogar e aprender un pouco máis sobre a nosa escritora:


E rematamos cunha das súas poesías máis coñecidas, e o vídeo da poesía con música:

NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
se choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que semmpre me asombras.

Rosalía de Castro


Estade moi atentos ao blogue, pronto subiremos outra versión musicada dos poemas de Rosalía, a cargo duns músicos moi especiais...