25 de febreiro de 2014

Día de Rosalía

Bos días!! Onte, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no cole. Para nós foi unha figura moi importante porque deu o paso de escribir en galego tralos Séculos Escuros (s.XVI, XVII e XVIII).


 Onte, para conmemorar este día, visitounos Pedro Feijóo, exalumno do noso cole. Escribiu dous libros, o segundo está baseado nos poemas de Rosalía de Castro, por iso nos visitou.
Contoulles aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria sobre o seu traballo de investigación sobre a autora. Aos nenos e nenas parecéronlles moi interesantes as anécdotas de Rosalía (o seu pai, os seus fillos, etc.). Tamén racitaron algúns poemas que o escritor escolleu para a ocasión, mostrando así esoutro lado de Rosalía que non coñecían.




A continuación deixamos uns enlaces para que poidades xogar e aprender un pouco máis sobre a nosa escritora:


E rematamos cunha das súas poesías máis coñecidas, e o vídeo da poesía con música:

NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
se choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que semmpre me asombras.

Rosalía de Castro


Estade moi atentos ao blogue, pronto subiremos outra versión musicada dos poemas de Rosalía, a cargo duns músicos moi especiais...


Ningún comentario:

Publicar un comentario