Ao comezo, o alumando do Ría que asistiu o correlingua, partiron da Praza do Rei onde esperaron a chegada do alcalde que dirixiu unhas palabras de ánimo por manifestarnos deste modo pola nosa lingua.
Alí entregáronnos a faixa que iamos portar perante todo o camiño onde expoñemos o lema: galego...
Todo o camiño animamos a marcha elevando voces como: o galego mola. Isto mesmo reivindicabamos coa camiseta que tod@s portábamos.
Sobre todo @s alumn@s de 2º agradecían moito a presenza dos gaiteiros acompañándoos coas suas danzas. Daba xenio vel@s!!
Candochegamos á Praza de America fixemos unha das paradas do camiño onde se nos pediu que mirasemos atrás. Menuda serpe de "chavalada e rapazada" como dicía Isabel Risco que nos acompañaba. Qué lindo ver como tantos e tantas rapazas pedimos galego.
Ao fin en Castrelos. Chegamos un pouco cans@s, sobre todo @s de 2º. Había que ter en conta que eramos @s máis pequen@s de toda aquela concentración que alí había.
Ningún comentario:
Publicar un comentario