22 de febreiro de 2016

CARTA AOS PAIS/NAIS DO CEIP PLURILINGÜE RÍA DE VIGO:

   TAL DÍA COMA HOXE RENDEMOS HOMENAXE A UNHA MULLER GALEGA QUE, COMA NINGUNHA POR AQUEL ENTONCES, OUSABA ESCRIBIR E PUBLICAR EN GALEGO, POÑENDO NOS SEUS VERSOS AS INQUEDANZAS DO POBO ("SAN ANTONIÑO DÁDEME UN HOME...", "MIÑA CASIÑA, MEU LAR", "SOIA", "QUE NON XIME"...); AOS PROBLEMAS SOCIAIS E POLÍTICOS ("ANDAN OS ALGUACILES NA ALDEIA", "A XUSTIZA POLA MAN", "OS INCENDIOS") NUNHA LÍNGUA QUE CHORA CANDO FALA DE MÁGOA, SINTE CANDO FALA DE SOLIDARIDADE ("CASTELLANOS DE CASTILLA"), QUE RI CANDO FALA DE FESTA ("AQUEL REPOLUDO GAITEIRO")
   NON DEIXEMOS QUE MORRA ESA LÍNGUA QUE FALA DE POR SI E TEMOS A GRANDE SORTE DE SEXA NOSA...
   E QUE NON SÓ HOXE SENÓN TÓDOLOS DÍAS DO ANO A LEVEMOS COMA HOXE NO CORAZÓN.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario