20 de decembro de 2016

O Equipo de Actividades e dinamización da Língua Galega pediu axuda ás familias para decorar unha preciosa entrada con material reciclado.



Non só decoramos  a entrada senón tamén os corredores do colexio.Resultou do máis ameno e divertido
















Non só decoramos  a entrada senón tamén os corredores do colexio.Resultou do máis ameno e divertido

Recibimos a visita de dúas avoas, a avoa de Sofía e a avoa de Aitana e Miguel. A avoa de Sofía contounos como era aquí a escola cando ela era nena. A avoa de Aitana e Miguel contounos como era a escola na mesma época en Montevideo (Uruguay).













1 de decembro de 2016

O PERCORRIDO DO MEDO

Nos días anteriores ao Samaín preparamos o noso Percorrido do Medo e o que iamos realizar nel.
Fixemos un grandísimo mural coas aportacións dos nenos e nenas. Diante del, na súa parte central, unha pota moi grande e vermella... nela iamos depositando por aulas os medos que tiñamos. Previamente repartimos papeliños polas aulas con distintas cores.
Xa con todos os medos dentro da pota, levámola á aula de música e colocámola ao pé dunha gran lareira que se acendía e botaba fume!
O día da Festa do Samaín todo o alumnado asistiu por cursos a un conxuro lido por unha bruxa para botar os medos fóra e logo xa podían adentrarse no Percorrido do Medo, animado por algúns voluntarios e voluntarias de 6º curso como terroríficos extras!Mirade, mirade...