Como tódolos anos, ao chegar este tempo, os nenos e nenas énchense de ilusión pensando no Samaín. Unha forma de manifestarnos é traer as cabazas ao cole: talladas, sen tallar, adubiadas... Que imaxinación derramaron este ano para convertelas en animais mariños!
Toda a comunidade escolar está da súa parte por iso esconxuramos o cole: "Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños..." Todo iso que estes días imos colocando nos corredores e nos descansos das escaleiras...
Coa inminente chegada do Samaín, está chegando un tempo de medo e estamos preparando o noso cole para que ninguén se asuste. Realizamos un concurso de cartas de medo. titulado: "Non te asustes". Estas son as bases.
Nos días anteriores ao Samaín preparamos o noso Percorrido do Medo e o que iamos realizar nel.
Fixemos un grandísimo mural coas aportacións dos nenos e nenas. Diante del, na súa parte central, unha pota moi grande e vermella... nela iamos depositando por aulas os medos que tiñamos. Previamente repartimos papeliños polas aulas con distintas cores.
Xa con todos os medos dentro da pota, levámola á aula de música e colocámola ao pé dunha gran lareira que se acendía e botaba fume!
O día da Festa do Samaín todo o alumnado asistiu por cursos a un conxuro lido por unha bruxa para botar os medos fóra e logo xa podían adentrarse no Percorrido do Medo, animado por algúns voluntarios e voluntarias de 6º curso como terroríficos extras!Mirade, mirade...
Ao longo da pasada semana solicitamos a colaboración das familias para personalizar e decorar un morcego. Así de fermosa quedou o noso corredor de entrada!
Para este "finde" mandámoslle aos rapaces un aviso mediante o tokap dos pais no que lle pediamos cabazas adubiadas para adornar o cole, lembrando a vindeira festa do samaín.
Algúns non trouxeron pero outr@s sí e velaquí vos imos mostrar algunhas delas: