15 de maio de 2017

FOTOS DO CORRELINGUA

O xoves día 11 de maio estaba programado o Correlingua para percorrer as rúas dende o Concello ata Castrelos a prol da nosa lingua galega. Por mor da chuvia só se celebraron actos no Pavillón Polideportivo do Carme, con que grandes e pequenos concorremos no mesmo lugar. 
Escoitamos o manifesto, tomamos a merenda e así collimos forzas para o concerto da banda de rock Birlibirlocke coa que botamos na pista sen parar. 
Ao rematar a festa, os nenos e nenas puideron tocar os instrumentos da banda e asináronlle autógrafos nas gorras!

Ningún comentario:

Publicar un comentario