Hoxe tivemos a visita dos "Saladinos", unha compañía de teatro creada no CEE SALADINO CORTIZO e que os seus compoñentes nos deleitaron cunha obra de teatro "Validación" na que se pon de manifesto a importancia do sorriso. Fixérono fenomenal: o público disfrutou moitísimo e ao rematar, os actores recibiron un diploma e un agasallo.E por suposto tiveron un momento de convivencia cos nosos alumnos.
O alumnado do CEE Saladino Cortizo que participa no programa de INTERTEATRO encargouse de representar a obra "A MOSCA CHOSCA" no noso centro. Fixérono estupendamente. Despois estiveron co noso alumnado no patio entablando relaciones de amizade.