Amosando publicacións coa etiqueta A Reconquistiña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Reconquistiña. Amosar todas as publicacións

11 de marzo de 2019

Preparando a festa da Reconquistiña



O pasado 7 de marzo viñeron visitarnos ao cole "os mozos do Casco Vello", Estiveron ensaiando as cantigas que imos interpretar o día da Reconquista.Estivemos tod@s moi animados. Pensamos que todo vai saír ben!
Só estamos á espera dos traxes e instrumentos de percusión!






27 de xaneiro de 2019

A RECONQUISTIÑA: Concurso de debuxo

Despois de participar no concurso de debuxo para elaborar un cartaz da Reconquistiña 2019, un grupo de nenos e nenas de 4º de E.Primaria resultaron agraciados cun accésit.

Na tarde do martes 22 de xaneiro, o alumnado premiado de 4º de Primaria  acudiu á Alcaldía do Concello de Vigo para recibir o seu presente da man do alcalde da cidade. Pódese adiviñar nos seus rostros a cara de satisfación que tiñan!!



9 de abril de 2018

A RECONQUISTIÑA

Por fin chegou o gran día: A RECONQUISTIÑA. O alumnado de 3º e 4º ataviados cos traxes típicos da época marcharon para conmemorar a vitoria dos vigueses fronte aos franceses. Dende A Laxe ata o Marco recorreron as rúas da zona vella de Vigo para rematar no Berbés catando un saboroso chocolate ben quentiño.
Mirade que ben o pasaron!





As profes tamén disfrutaron do evento

22 de marzo de 2018

O día 13 de marzo tivemos un obradoiro a cargo dos organizadores da Reconquistiña.Nel déronnos á coñecer os instrumentos da nosa música tradicional .
Despois ensaiamos as cancións que imos cantar para á Reconquistiña baseadas en animais domésticos así coma á coreografía que imos lucir xunto con estas músicas no desfile!!!




25 de xaneiro de 2018

RECONQUISTIÑA (CONCURSO DE DEBUXO)

Despois de participar no concurso de debuxo para elaborar o CARTAZ da Reconquistiña, unha alumna do Ría, "Xiana Cabezas",  foi premiada cun accesit e o colexio recibiu por participar un lote de libros. Moitas grazas e NORABOA a tod@s. 



 Deixamos os debuxos finalistas:
(Dous deles tamén foron do noso cole)


11 de xaneiro de 2018

CARTAZ DA RECONQUISTIÑA

O alumnado de 4º, como ten pensado acudir á Reconquistiña,( xa o fixo o ano pasado) participou na elaboración e posterior concurso do cartaz de dito evento. Mostramos una recompilación dalgún cartaz feito polos nenos.







4 de abril de 2017

A RECONQUISTIÑA 2

http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-575430-la-reconquistina-toma-casco-vello.html
 Preme na imaxe para ver as noticias do Faro de Vigo.

Por fin chegou o GRAN DÍA, A RECONQUISTIÑA. O alumnado de 3º e 4º de E.  Primaria estivo moi nervioso. Tiveron que vestirse cos atuendos típicos da época. Mirade:
          
E algúns ,vestíronse de FRANCESES, prestados polo Concello de Vigo. Estiveron felices. Se queredes, mirade o video.








 

A RECONQUISTIÑA 1

Os cursos de 3º  e 4º de E. Primaria van participar na RECONQUISTIÑA. 

O primeiro que teñen que facer é construir,  nas súas casas, un tambor con materiais de refugallo e deberán traelos á escola porque virán os responsables de PONTE NAS ONDAS, para ensaiar con eles a maneira de tocar o día sinalado.
Viñeron tres percusionistas que trouxeron os seus tambores feitos tamén de material de reciclado para ensaiar cos rapaces. Ensaiaron varias pezas e cancións para mostrar nese día , xoves 30 de marzo, cos demais "coles" de Vigo participantes.