22 de marzo de 2018

O día 13 de marzo tivemos un obradoiro a cargo dos organizadores da Reconquistiña.Nel déronnos á coñecer os instrumentos da nosa música tradicional .
Despois ensaiamos as cancións que imos cantar para á Reconquistiña baseadas en animais domésticos así coma á coreografía que imos lucir xunto con estas músicas no desfile!!!




11 de marzo de 2018

MAIS AVÓS E AVOAS

O xoves da semana pasada viñeron a visitarnos o avó e o pai de Lara de 4º B que nos falaron dos animais e nos explicaron moi ben as función de relación, nutrición e reproducción.
Xa é unha costume que os nosos alumnos e alumnas fagan un retrato das familias. Aquí o tedes.


Tamén veu a 4º B a avoa de David. Veu para que nós poidamos escoitar en galego as súas vivencias. Resultou darnos unha sorpresa
maior pois contounos un auténtico testemuño da pasada Guerra Civil vivido na súa propia familia.O alumnado mostrouse moi sorprendido. Vese que non se tiñan atopado directamente con algo así.