31 de marzo de 2019

A Reconquistiña


Hoxe o alumnado de 3° e 4° do Noso Cole tivo a grande sorte de participar no desfile da Reconquistiña.
Foi unha xornada emocionante!:
Estaban coma unha manchea de nervios antes de saír do Cole.Logo, no bus que nos levou á Laxe, mantiveron a calma...Ao chegar alí eles só miraban a todo o seu redor.Había moitos coles participando... Había un Cruceiro, alí que lles chamaba moito a atención mentres as mestras ,está vez foron elas, non daban feito a repartirlles tambores, a atarlles os cintos, a repartir baquetas...Cáseque non dabamos saído canda os máis pero ao fin arrincamos.

Na subida da Laxe tivemos moito acompañamento pois moitos curiosos que pasaban pola rúa se paraban a mirar tan alegre desfile:Cheo de cor coas vestimentas propias da Nosa Terra lembrando un tanto o Vigo de 1809, cos tambores que non paraban tratando de imitar o son de enormes bombos que encabezaba o desfile. Tiveron a alegría tamén de verse acompañad@s dalgunhas nais que nos axudaron en todo momento así como a reportar que lles fixeron os integrantes do Cruceiro que estaban de visita Na Nosa Cidade.
Desfilamos ata o Marco, onde houbo unha Grande Sentada diante do insigne edificio.Alí víronse moi ben os estandartes dos distintos "coles", a bandeirantes de Vigo e de Galiza ondeando, e foi alí onde se luciron as pezas antes preparadas polos mozos do Casco Vello en cada cole.Que bonito foi!
Aproveitou tamén a Prensa para entrevistar a alumnado e Mestres.
Dende alí saímos novamente cara a Praza do Berbés.Esta vez tivo a sorte o Noso Cole de ir "pechando portelo" acompañados dos grandes bombos que marcaban o ritmo e aínda máis cando as rúas se facían estreitas ou empinadas. Cando chegamos á Praza do Berbés esperábanos outras tantas sorpresas.Alí recollemos os nosos tambores, todos e todas tomamos un chocolate quentiño con galletas e volvemos sentar para escoitar a Çe Pantasma,ese Home orchestra que fai as delicias do público,anque non todos nin todas estiveron moi atentos ou atentas e preferían andar ás voltas por baixo dos soportais.No medio desa algarabía tivemos outra sorpresa:andaba na nosa busca unha educadora dun centro de día co que xa temos tido actividades e fomos retratarnos con eles pois alí estaban tamén admirando tan tamaño desfile:acudiu o alumnado alí con moito cariño como pode verse nas fotos.
Unha sorpresa aínda máis:A visita do Señor Rexedor da Cidade que viña contarnos a historia da Reconquista de Vigo.
Ao fin, cando rematou Çé Pastasma cantando, por certom, uns versos de Rosalía fomos ao Noso bus e regresamos ao Noso Cole!

Ningún comentario:

Publicar un comentario