29 de maio de 2019

Xornada de xogo tradicional en Melgaço

O venres 24 de maio celebrouse as VIII Xornadas do xogo tradicional galegoportugués en Melgaço.

http://pontenasondas.org/viii-xornada-do-xogo-tradicional-galegoportugues/?lang=es

O alumnado de 4º e 5º de Primaria acudiron a este importante encontro xa que o ano pasado, por mor da choiva, non puideron acudir. Pero este ano luciu o sol e á zona do Complexo deportivo de Melgaço  brillou máis ca nunca co seu elegante verde cheo de xogos "de antes". Todos xuntos disfrutamos dunha xornada de convivencia.

27 de maio de 2019

RomeRía

O alumnado do Ría , co gallo das Letras Galegas, participou na primeira edición dunha RomeRía na zona da Praia de Canido. Coa colaboración das familias, participaron nunha serie de xogos tradicionais pasándolo estupendamente. Despois degustaron sobremesas , rosquillas … para rematar cun paseo ata o colexio. 




Foi un bo día e unha boa experiencia!!

23 de maio de 2019

Taller sobre Igualdade

O alumnado de 4º participou nun interesante taller sobre igualdade. Esla, a monitora, dirixiunos dende una recreación pictórica mariña onde se ve participar da lectura ao amigo Gaspar.
Así eles involucráronse moito no taller deseñado no chan e deron moi boas definicións e reseñas de vocablos que podían darse na igualdade.






Correlingua

Un ano mais participamos no Correlingua para reivindicar a importancia do uso da Nosa Lingua.















9 de maio de 2019

OS MAIOS NO CENTRO DE DÍA PARQUE CASTRELOS


Esta mañá chegou ao cole o alumnado de 4º dispuesto con cadanseu ramo na man para aportar a dos "maios" que iamos facer no Centro de Día "Parque Castrelos".
Algúns ata traían una diadema feita con floriñas do campo ou unha pulseira. Xa no bus, tiveron coidado de que o ramo non se estragase e recitamos as coplas escritas na aula. 
Que sorpresa! Vimos o nosos carro e o noso cruceiro cuberto de fiuncho. Colocamos con coidado as flores e axudamos aos maiorse a adubiar o mellor posible os maios.
E agora que facemos coas flores ?  pois facemos un ramo a cada usuario! Que boa idea!
 Un bico e unha flor, xerando xorrisos.

Contáronnos a importancia que tiñan os carros nunha casa e escoitamos a canción de Manuel maría musicada por Fuxan os Ventos.

7 de maio de 2019

VISITA DE AVÓS


Tócalle á vez a avoa de ALDARA . Tivemos con ela unha conversa moi interesante pois contoulles como fora o seu cole, o seu derrumbe, o arranxo, ás aulas que o compuñan, os xogos, a ausencia de xoguetes…
Asimesmo contounos como fóra a súa enfermidade, curación e a sanidade daquel entonces.
Tamén moi alegremente nos contou como eran as romerías na súa vila natal de Baiona.
A todo o alumnado lle pareceu moi interesante e demostrábano a cada momento, cada vez con mais preguntas e ao final agasallárona ademáis dun forte aplauso con expresivos deseños.








Visita de avós: Abrahm

O alumnado de 4º de E.Primaria recibiu a visita da avoa de Abrahm que lles contou ás súas vivencias á súa idade:Onde era o seu cole, como era a súa mestra Carme, os xogos, os paseos.
 Tamén lles contou a ilusión que lles facía a romería dos Liñares: estreaban vestidos, chaquetas...ían de tarde e logo acompañábanas seus pais para cear con mantel compartido no chan...
Ao finalizar os nenos e nenas regaláronlle retratos feitos por eles.

Ela, moi simpática, troúxolles a cadanseu una chocolatina contándolles que no seu tempo era una merenda extraordinaria. MOITAS GRAZAS!!