9 de maio de 2019

OS MAIOS NO CENTRO DE DÍA PARQUE CASTRELOS


Esta mañá chegou ao cole o alumnado de 4º dispuesto con cadanseu ramo na man para aportar a dos "maios" que iamos facer no Centro de Día "Parque Castrelos".
Algúns ata traían una diadema feita con floriñas do campo ou unha pulseira. Xa no bus, tiveron coidado de que o ramo non se estragase e recitamos as coplas escritas na aula. 
Que sorpresa! Vimos o nosos carro e o noso cruceiro cuberto de fiuncho. Colocamos con coidado as flores e axudamos aos maiorse a adubiar o mellor posible os maios.
E agora que facemos coas flores ?  pois facemos un ramo a cada usuario! Que boa idea!
 Un bico e unha flor, xerando xorrisos.

Contáronnos a importancia que tiñan os carros nunha casa e escoitamos a canción de Manuel maría musicada por Fuxan os Ventos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario