Metidos e metidas en "fariña", por si era pouco, decidimos realizar unha actividade ao redor das Letras Galegas. Para iso ás pedimos ás diferentes aulas do colexio a preparación dun guión e posterior grabación do mesmo ao estilo do “DígochoEu” presentado por Esther Estévez na TVG e seguido por un bo número de rapaces e rapazas. A proposta pasaba por tratar aspectos xerais en canto á lingua galega tales como: “palabras con “x” de Xela”, “co galego enténdeste en moitos lugares fóra de Galicia”, “toponimia local”, ” palabras e expresións propias da nosa zona”, ….,.
A proposta foi asumida pola totalidade de profesorado e queda recollido neste vídeo
Ningún comentario:
Publicar un comentario