Amosando publicacións coa etiqueta maios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta maios. Amosar todas as publicacións

13 de maio de 2018

OS MAIOS CO CENTRO DE DÍA "PARQUE CASTRELOS"

O alumnado de infantil e 1º de Primaria celebrou os MAIOS co centro de Día PARQUE CASTRELOS. Tivemos a sorte de que os nosos maiores, como xa é tradición,  viñeran ao noso cole a celebrar o MAIO florido.Compartiron con eles o asubío do maio e como tiñan tantas flores tamén as colocaron nun cesto e nun carro que o acompañaban.Pasámolo moi ben e todos disfrutaron. 
 O alumnado de 1º de primaria rendeulle homenaxe cunha danza acompañada de canaveiras e os de E. Infantil con coplas de maios cantadas.
É unha ledicia ver a relación de respeto,amizade e cariño  entre distintas xeracións.
Moitas grazas a tod@s pola vosa visita.


23 de maio de 2017

MAIOS 17

O alumnado de 3º visitou o centro de día PARQUE CASTRELOS para facer un Maio todos xuntos.
Mirade que ben o pasaron! Que acto tan entrañable!!