14 de maio de 2014

Celebración do Día da Paz

... e por fin puidemos xuntarnos para celebrar o Día da Paz!!!

O día 11 de abril do 2014 recibimos no Ría de Vigo aos compañeiros/as do “cole” Alfonso Rodríguez Castelao co gallo de celebrar o día da Paz entrambolos dous. Esta actividade estaba programada para o 30 de xaneiro mais debido ao mal tempo que nos acompañou  foi posposta ata este día.
Cando chegaron os compañeiros do Alfonso Rodríguez Castelao saimos a recibilos na parte traseira do cole.




 Despois  dirixímonos ao ximnasio para agasallalos coa representación musicada do Guernica de Picasso.

A continuación situámonos todos no patio para facer xuntos o baile  inicial da xuntanza.


 



 Ao rematar, organizámonos para participar nos distintos xogos cooperativos preparados para a ocasión.

 Cando chegou a hora do recreo xuntamos cursos de igual nivel e fixemos xuntar ás parellas que se cartearon  previmente ao Día da Paz e xuntos tomamos a merenda.

Chegou o momento de reunirnos outra vez todos para soltar “as pombas da Paz". Ao fin tivemos un intercambio de agasallos que nos valeu como despedida.



9 de abril de 2014

As Letras Galegas ao longo da historia

Pensábades que a conmemoración do día das Letras Galegas era recente? Nada máis lonxe da realidade amigos!
Este día adicado á nosa literatura vense celebrando dende o ano 1963, cando se lle adicou por primeira vez a Rosalía de Castro.
Se premedes na imaxe, poderedes ver a quen se lle adicaron as Letras Galegas cada ano, e mais o lugar de nacemento de cada un deles no mapa!


Este ano 2014, o 17 de maio será adicado a Xosé María Díaz Castro. Para máis información sobre o autor, podedes visitar a súa páxina oficial:


o espazo que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta lle adica:


e a páxina oficial do Día das Letras Galegas:




25 de marzo de 2014

Actividade SNL

Ola a todos!

Tivemos a sorte de que nos foi concedida unha actividade do SNL do Concello de Vigo. Nela participou o curso de 4º de Primaria.
Tratábase de dar un paseo por Vigo para coñecer os lugares máis emblemáticos a traveso dun xogo da OCA. Os alumnos/as estiveron moi atentos. Participaron ademais con sopas de letras, encrucillados, etc.













Que divertidos eran os monitores! Deunos mágoa que se foran tan pronto...

Ata a próxima!!!

14 de marzo de 2014

Entroido 2014

E por fin chegou o día...!

O pasado venres 28 de febreiro celebramos o Entroido, esa tradicional festa tan arraigada na nosa terra.

Todo o colexio, dende os máis pequenos ata os maiores, saíu ao patio a festexar. Tras unha semana cumprindo as ordes do Meco xa tiñamos gañas de poder lucir os nosos traxes. Todos eles estaban baseados no proxecto do centro: "Lendo con arte".
Así, os rapaces/as de Educación Infantil rendiron homenaxe a Van Gogh, con disfraces inspirados na "Noite estrelada", "Os xirasois" e vestidos de pintores. 







O primeiro ciclo de EP centrouse en Velázquez, con traxes que emulaban ao pintor e ás famosas Meninas. 





Segundo ciclo foi de 'autorretratos', cun marco ao redor da cara elaborado por eles mesmos. 





Finalmente, os alumnos/as do terceiro ciclo luciu os modelos da época de Monet e tamén de Picasso.







Un gran día para todos!!!!


25 de febreiro de 2014

Celebración Día da Paz


O día 30 de xaneiro celébrase a PAZ. Nós temos artellado un intercambio co CEIP Castelao. Tódolos alumnos e alumnas do centro visitarán o Ría de Vigo, onde os recibiremos cunha representación musicada do cadro Guernica, de Pablo Picasso, para a continuación pasar a mañá no patio, onde compartiremos 25 xogos cooperativos, que todos desfrutamos a reo.


Tamén aproveitamos para que os alumnos dos dous centros que se corresponderon por correo escrito se coñezan en persoa mentres comparten unha merenda ao aire libre e comproban que as descricións que recibiron se corresponden coa realidade ;)
               












Tan só agardamos que o tempo nos deixe celebrar tan esperado día!

Cánto sabes sobre o ENTROIDO?

Xa está chegando o Entroido!

Todos e todas estamos a traballar cos disfraces, investigando sobre os nosos costumes... preparando o Entroido. Queremos compartir os seguintes enlaces para que poidades aprender máis sobre esta festa tradicional e pasedes un bo rato cos distintos xogos, manualidades e actividades propostas.

Preme na imaxe

Preme na imaxe

Día de Rosalía

Bos días!! Onte, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no cole. Para nós foi unha figura moi importante porque deu o paso de escribir en galego tralos Séculos Escuros (s.XVI, XVII e XVIII).


 Onte, para conmemorar este día, visitounos Pedro Feijóo, exalumno do noso cole. Escribiu dous libros, o segundo está baseado nos poemas de Rosalía de Castro, por iso nos visitou.
Contoulles aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria sobre o seu traballo de investigación sobre a autora. Aos nenos e nenas parecéronlles moi interesantes as anécdotas de Rosalía (o seu pai, os seus fillos, etc.). Tamén racitaron algúns poemas que o escritor escolleu para a ocasión, mostrando así esoutro lado de Rosalía que non coñecían.




A continuación deixamos uns enlaces para que poidades xogar e aprender un pouco máis sobre a nosa escritora:


E rematamos cunha das súas poesías máis coñecidas, e o vídeo da poesía con música:

NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
se choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que semmpre me asombras.

Rosalía de Castro


Estade moi atentos ao blogue, pronto subiremos outra versión musicada dos poemas de Rosalía, a cargo duns músicos moi especiais...