Este ano o alumnado de 3º e 4º de educación primaria, participou activamente no Correlingua 2016. Se queredes saber todo o que alí aconteceu, botadelle un ollo o video...ten moitas sorpresas e veredes o que o alumnado do Ría fixo...uff que pasada...
12 de maio de 2016
1 de marzo de 2016
22 de febreiro de 2016
CARTA AOS PAIS/NAIS DO CEIP PLURILINGÜE RÍA DE VIGO:
TAL DÍA COMA HOXE RENDEMOS HOMENAXE A UNHA MULLER GALEGA QUE, COMA NINGUNHA POR AQUEL ENTONCES, OUSABA ESCRIBIR E PUBLICAR EN GALEGO, POÑENDO NOS SEUS VERSOS AS INQUEDANZAS DO POBO ("SAN ANTONIÑO DÁDEME UN HOME...", "MIÑA CASIÑA, MEU LAR", "SOIA", "QUE NON XIME"...); AOS PROBLEMAS SOCIAIS E POLÍTICOS ("ANDAN OS ALGUACILES NA ALDEIA", "A XUSTIZA POLA MAN", "OS INCENDIOS") NUNHA LÍNGUA QUE CHORA CANDO FALA DE MÁGOA, SINTE CANDO FALA DE SOLIDARIDADE ("CASTELLANOS DE CASTILLA"), QUE RI CANDO FALA DE FESTA ("AQUEL REPOLUDO GAITEIRO")
NON DEIXEMOS QUE MORRA ESA LÍNGUA QUE FALA DE POR SI E TEMOS A GRANDE SORTE DE SEXA NOSA...
E QUE NON SÓ HOXE SENÓN TÓDOLOS DÍAS DO ANO A LEVEMOS COMA HOXE NO CORAZÓN.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
18 de febreiro de 2016
VISITA DOS MAIORES NO COLEXIO!!
Estes días atrás o alumnado de 3º de educación primaria, representou unha obra, con moito estilo,e o alumnado de 6º fixo unha actuación musical moi amena e moi emotiva, foi a un público moi entendido!!! posto que recibimos a visita do Centro de Día Parque de Castrelos!!. Ahhh e despois unha chocolatada mooooiiiiiiii riiiiica!!!
Nenos e nenas que estiveron o curso pasado con eles tamén se pasaron a saudar e esta visita sorpresa foi ainda máis emotiva se cabe que o ano pasado!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























