24 de novembro de 2016

ORALIDADE GALEGA EN 4º DE E.P.

   O pasado venres, dous avós:avó e avoa de dous nenos de 4º, visitáronnos en oralidade galega para cintarnos como era "o cole" cando eles tiñan a súa idade. Logo disfrutamos cun arroz con leite para tod@s. Esta actividade a repetimos con varios avós e avoas e gustou  moito!! Grazas por vir a explicarnos e acercar a escola de antes a rapazada de agora.

27 de outubro de 2016

SAMAÍN

Ao longo da pasada semana solicitamos a colaboración das familias para personalizar e decorar un morcego. Así de fermosa quedou o noso corredor de entrada!






Para este "finde" mandámoslle aos rapaces un aviso mediante o tokap dos pais no que lle pediamos cabazas adubiadas para adornar o cole, lembrando a vindeira festa do samaín.
Algúns non trouxeron pero outr@s sí e velaquí vos imos mostrar algunhas delas:







26 de outubro de 2016

VISITA DOS AVÓS

Este pasado venres recibimos en oralidade galega a visita dun avó e unha avoa que nos viñeron falar de cómo era a escola cando eles tiñan os anos dos nosos alumnos e alumnas. Estes foron protagonistas facéndolle moitas preguntas ao respecto.
Ao final compartimos entre todos e todas uns cuncos de arroz con leite.






Moitas grazas aos nosos avós!

25 de outubro de 2016

BENVIDA

Benvida ao novo curso 16/17.

Este ano temos preparadas moitas actividades para compartir con vós.


Queremos compartilas con todos e todas e por iso estamos tan contentos de que esteades diante do computador .

15 de xuño de 2016

AS NOSAS LETRAS GALEGAS!!

   PARA ESTE CURSO, PINTAMOS UN MURO DE INFANTIL COAS SEGUINTES LETRAS...






E POUCO A POUCO, PINTAR PALABRAS EN GALEGO!!!

O ALUMNADO DO COLEXIO PASOU POLO PORCHE CUBERTO...

ONDE AGARDABAN NEN@S DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, QUE EXPLICARON O SON DUNHA BOA MÚSICA A VIDA DO HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO!!!