Ao fin todo o colexio visitou os Guerreiros de Terracota
21 de febreiro de 2017
VISITA OS GUERREIROS DE TERRACOTA
Ao fin todo o colexio visitou os Guerreiros de Terracota
ESCOLA NAS ONDAS
Polo programa "Ponte nas Ondas" no que xa levamos varios anos, esta vez impartíronnos en aula un programa de audio auda-city e fixémolo con gran ilusión.
Preme na imaxe e verás o vídeo no blogue de primaria
11 de febreiro de 2017
VISITA DO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES "PARQUE DE CASTRELOS"
O xoves 26 de xaneiro recibimos a visita dos usuarios e usuarias de "Parque Castrelos". Para nós foi unha experiencia moi emotiva pois tratábase dun encontro interxeracional que espertaba sensacións moi positivas por ámbalas partes. Nós ofrecémoslle como petisco varias actuacións que conformaron a gala do noso Festival de Nadal. O alumnado de 4º a obra de teatro "A burriña de Belén", o alumnado de 2º a canción de "Buscando o Señor Manuel" e 6º curso unha representación que versaba sobre o Coliseo Romano. Por último os nenos e nenas de 3 anos ofrecéronlle a súa compaña con biscoito.
Haberá novos encontros durante este curso neste caso no seu centro.
7 de febreiro de 2017
Esta é a mostra dalgunhas imaxes que se poden visitar na exposición TERRACOTA WARRIORS. Algúns alumnos do centro xa a visitaron nunha primeira volta, aínda haberá máis.
Visita o blogue da biblioteca para ver máis. Fai clic na primeira imaxe
Se queres ir repasando os coñecementos que nos impartiron os monitores e monitoras da visita aos guerreiros de terracota repara nestas imaxes que veñen a continuación:
20 de decembro de 2016
1 de decembro de 2016
O PERCORRIDO DO MEDO
Nos días anteriores ao Samaín preparamos o noso Percorrido do Medo e o que iamos realizar nel.
Fixemos un grandísimo mural coas aportacións dos nenos e nenas. Diante del, na súa parte central, unha pota moi grande e vermella... nela iamos depositando por aulas os medos que tiñamos. Previamente repartimos papeliños polas aulas con distintas cores.
Xa con todos os medos dentro da pota, levámola á aula de música e colocámola ao pé dunha gran lareira que se acendía e botaba fume!
O día da Festa do Samaín todo o alumnado asistiu por cursos a un conxuro lido por unha bruxa para botar os medos fóra e logo xa podían adentrarse no Percorrido do Medo, animado por algúns voluntarios e voluntarias de 6º curso como terroríficos extras!Mirade, mirade...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)