O alumnado de 5º B expón na aula de galego un traballo sobre as orixes de Vigo despois de se ter dividido en dous grupos na aula.
24 de febreiro de 2019
27 de xaneiro de 2019
A RECONQUISTIÑA: Concurso de debuxo
Despois de participar no concurso de debuxo para elaborar un cartaz da Reconquistiña 2019, un grupo de nenos e nenas de 4º de E.Primaria resultaron agraciados cun accésit.
Na tarde do martes 22 de xaneiro, o alumnado premiado de 4º de Primaria acudiu á Alcaldía do Concello de Vigo para recibir o seu presente da man do alcalde da cidade. Pódese adiviñar nos seus rostros a cara de satisfación que tiñan!!
Na tarde do martes 22 de xaneiro, o alumnado premiado de 4º de Primaria acudiu á Alcaldía do Concello de Vigo para recibir o seu presente da man do alcalde da cidade. Pódese adiviñar nos seus rostros a cara de satisfación que tiñan!!
CAMISETAS PARA A PAZ
O alumnado de 4º de E.Primaria de igual xeito ca o resto do cole, está facendo as camisetas da igualdade para o día da Paz. Aquí podemos ver os pasos: plantilla, protección da camiseta e estampación. A súa cor é verde pero cada grupo ten a súa cor.
Tamén o alumnado de 4º axuda aos seus afillados lectores a facer as súas camisetas para o Día da Paz.
19 de decembro de 2018
CARTAS AO CEIP PÁRROCO DON CAMILO
O alumnado do Ría recibe con sorpresa, alegría e contento o correo que lle chega do Ceip Párroco Don Camilo. Hoxe en día xa non funciona o correo ordinario como tal e recibir esta comunicación, sobre todo nestes días é algo que non nos podemos explicar.
Que ben! A ver que nos din!
Que ben! A ver que nos din!
Xa estamos pensando en respostar!
29 de novembro de 2018
VISITA AO CENTRO DE DÍA "PARQUE CASTRELOS"
Como ven sendo costume, o alumnado do Ceip Ría de Vigo xa está afeito a visitar aos maiores deste centro de día. Pero este ano foron os pequenos de 5 anos os encargados de visitalos. Disfrutaron un montón tanto os maiores como os pequenos.
Se queredes ver que ben o pasaron, podedes ver o blog de infantil.
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/2018/11/centro-de-dia-castrelos.html
Se queredes ver que ben o pasaron, podedes ver o blog de infantil.
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/2018/11/centro-de-dia-castrelos.html
18 de novembro de 2018
MAGOSTO
No magosto que fixemos nos Montes de San Miguel de Oia pasámolo fenomenal.Comimos castañas, choripán, e tamén fixemos moitos xogos .E por suposto plantamos dous carballos xa que xa fai un ano que os nosos montes sufriron un terrible incendio .
Moitas grazas as familias e a Comunidade de Montes de San Miguel de Oia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































