11 de marzo de 2019

VISITA AVÓ DE HÉCTOR







O alumnado de 4º de E.Primaria recibe ao avó de Héctor . Este recibe unha espectacular recompensa: os retratos e os apuntes que fixeron con máximo interese en canto él relataba  

10 de marzo de 2019

DIA DA PAZ

Pasou o día da PAZ en cadansúa aula, Daba mágoa ouvir na Radio:"Hoxe tódolos coles traerán pombas…" Non sabía a Radio o que se estaba preparando no noso cole: 

Un muro feito con palabras negativas dentro de cadanseu bloque un pergamiño agochado cunha frase constructiva e positiva.


 Os mais pequenos do cole tirarían o muro negativo para descubrir o precioso pergamino que falaba de paz e amos.






 Os maiores do cole portaban cartaces "Peace", "Love"...Todos feitos en Plástica bilinüe. 




Mentres oíamos IMAGINE interpretado polos maiores do cole.
https://www.youtube.com/watch?v=hqQ7YpXiOLI

Tamén escollemos a canción "Eu teño alguén" e coa axuda de pictogramas e coa lingua de signos interpretamos a canción


https://www.youtube.com/watch?v=IqY38gmwIOg





https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es

24 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

24 de Febreiro Día de Rosalía.
Na mañá do venres 22 de febreiro, antes do recreo o alumnado de sexto prepara a escena onde terá lugar o auto en honor a Rosalía.Así mentres alún alumnado sobe ao tellado e se prepara para interpretar "Adeus, ríos, adeus fontes" dúas compañeiras cantan a canción. Outros tocan con instrumentos de corda a música e dende o alto despréndense grandes cartaces e todos podemos ler os poemas da nosa Rosalía. 
Estes cartaces descansan nas corcheiras do porche.






https://www.youtube.com/watch?v=Zxerntxv-4g
O Concello da Pobra de Trives versiona un poema de Rosalía Dende aquí vexo un camiño" e queremos que o vexades.
https://www.youtube.com/watch?v=fNVbDHRCtDs

RAP ELABORADO POLO ALUMNADO DE 5ºB

E seguindo coas orixes de Vigo, o alumnado de 5º B elaborou un rap o cal expuso aos compañeiros de 5ºA.





O texto foi o seguinte:

Falas en galego, sí
Coñeces Vigo, sí
E a súa historia, sí ,sí
Imos alá:
Empezou así
400 anos antes de min
estiveron aquí.
Quen?
Os celtas,
os suevos, sí, sí
E despois?
os romanos?
Non, os romamos non ?
E que fixeron? 
Non sabemos ben!
Nós sí, sí
E esa muraia?
E ese Castelo medieval? non sí?
Sí, sí,
Non, non,
Era unha vila
Agora non.
Que é agora?
Unha fermosa cidade

Orixe de Vigo

O alumnado de 5º B expón na aula de galego un traballo sobre as orixes de Vigo despois de se ter dividido en dous grupos na aula.


27 de xaneiro de 2019

A RECONQUISTIÑA: Concurso de debuxo

Despois de participar no concurso de debuxo para elaborar un cartaz da Reconquistiña 2019, un grupo de nenos e nenas de 4º de E.Primaria resultaron agraciados cun accésit.

Na tarde do martes 22 de xaneiro, o alumnado premiado de 4º de Primaria  acudiu á Alcaldía do Concello de Vigo para recibir o seu presente da man do alcalde da cidade. Pódese adiviñar nos seus rostros a cara de satisfación que tiñan!!



CAMISETAS PARA A PAZ

O alumnado de 4º de E.Primaria de igual xeito ca o resto do cole, está facendo as camisetas da igualdade para o día da Paz. Aquí podemos ver os pasos: plantilla, protección da camiseta e estampación. A súa cor é verde pero cada grupo ten a súa cor.








Tamén o alumnado de 4º axuda aos seus afillados lectores a facer as súas camisetas para o Día da Paz.