16 de febreiro de 2020

HORTO ESCOLAR

O alumnado de 2º axudou á profe Carmen no horto escolar preparando o terreo para sementar. 






Preparación do MECO do entroido

Onte o alumnado de segundo estivo a facer un Meco, figura singular do Xoves de Compadres.
Será compartida o xoves de comadres co centro de día Parque Castrelos








HORTA AROMATICA


O alumnado de 6ºB de E. Primaria axudou a mellorar a horta das aromáticas. Hai tempo que estes rapaces desexaban preparar a horta. Recuperamos os antigos cartaces e conseguimos mellorar o aspecto. 
Proba superada!








28 de outubro de 2019

SAMAIN

Como tódolos anos, ao chegar este tempo, os nenos e nenas énchense de ilusión pensando no Samaín. Unha forma de manifestarnos é traer as cabazas ao cole: talladas, sen tallar, adubiadas... 
Que imaxinación derramaron este ano para convertelas en animais mariños!








 Toda a comunidade escolar está da súa parte por iso esconxuramos o cole:
"Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños..."
Todo iso que estes días imos colocando nos corredores e nos descansos das escaleiras... 




18 de xuño de 2019

INTERTEATRO: RESTAURANTE FARRUCO

O alumnado de 3º participou no programa Interteatro ca obra "Restaurante Farruco". 
 Utilizando o verso rimado, a autora constrúe unha peza disparatada nun só acto, nun só día.Os comensais falan do prezo esaxerado e ao mesmo tempo que se deixan entrever as diferenzas de clase ante un rei ao que non lle importa gastar.Tamén atopamos animais vivos que teñen que  agardar a seren cociñados pero que non están  dispostos ao sacrificio.





INTERTEATRO: CORRE,CORRE CABACIÑA



O alumnado do Ceip Javier Sensat representou no noso cole , polo programa INTERTEATRO, CORRE,CORRE CABACIÑA.