30 de xuño de 2021

Dia contra a violencia de xénero

 

  Por primeira vez traballamos nas aulas de Ed. Primaria sobre o concepto de Violencia de Xénero de xeito conxunto e coordinado e, ademais, apoiando a IXornada de Igualdade Ría de Vigo organizada pola ANPA do cole. 

Para iso, partimos da análise de citas referentes a este tema realizadas por persoas relevantes. Parte destas referencias foron aportadas por Romina Goberna, relatora da I Xornada de Igualdade Ría de Vigo e nai de dous alumnos do colexio.

 A partir da análise destas citas o alumnado elaborou uns carteis para ser colocados nos chanzos das escadas de acceso ás aulas do colexio. Houbo rapazas e rapaces que elaboraron estes carteis con lemas creados por eles mesmos

           

 

Por outro lado,na aula de 5º curso traballouse a poesía “Soía pechar as portas” escrita pola ex-alumna Aitana Martínez hai dous anos para ser cantada na producción operística en relación ao Proxecto LÖVA. Con esta poesía elaborouse unha cartela para expor no recibidor da escola.

.

 

 

 

 

 

 

 

Saúdo na despedida

 Moi boas!!! Despois de pasar este curso sen mover información neste blogue, aproveitamos o remate do mesmo para repasar a actividade desenvolta polo EDLG no noso cole. 

Non nos enganemos!!!! O feito de que non publicásemos nada nesta plataforma non quere dicir que estivésemos de brazos cruzados. Todo o contrario!!! Polo de pronto, comentarvos a nosa satisfacción pola valoración que se deu á calidade do noso "Proxecto para o fomento da lingua galega". É o mellor valorado de todos os Centro de Educación Primaria de Vigo e bisbarra e un dos 5 mellores a nivel provincial.

A continuación deixamos unha serie de entradas que mostran parte do realizado durante este curso que ben de rematar e que tanto mudou no que a dinámicas escolares se refire.