19 de novembro de 2013

Celebrando o Magosto


O pasado día 11 de novembro, día de San Martiño, colocamos no porche da escola unha lámina onde El Greco explica a lenda do santo:
"San Martiño atópase cun mendigo que lle pide caridade. Como non ten moedas, colle a súa espada e corta a súa capa en dous, dándolle a metade."

lámina de El Greco, "San Martiño"

Ese mesmo día, celebramos tamén a tradicional festa do Magosto. Despois do recreo, asamos castañas no patio para despois dar boa conta delas. 

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEggZvyXSwJL7jn5sHtnQqjQNqyr0gMZe4Hl0CVEPwV4WRLuGa9hLBut5H2jEfOzndxTomNPuXYhGW1PtxHvFGzhBpGw5r4C5zF-xPby4OiTKnGVSbaCKmQc8-pUMflGoQmPbwzZUXx0xn0/s1600/la+foto+5.JPG

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjW_rsAUFW-r4FAtcFJsVQ1WcdS91zbcU3jH2IOyOutmj7geptJCPTs0C2ziHlA3lb8db4DuRx4Jx7ZEjggTxP6OkiJHWQz73GDAaIdLnVyKlYBFHbsPVAUgPMwvnvqR3bPmgqBwseTRA4/s1600/la+foto+7.JPG 

Tamén participamos na rolda de xogos populares que tiñamos preparados,  nos que participou todo o colexio. Foron dirixidos e custodiados por uns profes moi especiais, os alumnos de sexto curso.







Agardamos que disfrutarades de tan fermoso día!!!




15 de novembro de 2013

O Cullarapo Croque

Onte, martes 22 de outubro, desfrutamos dunha actividade sobre o conto "O Cullarapo Croque", grazas á visita á escola de Miguel, un mestre contacontos moi divertido (preme no seu nome para coñecelo un pouco máis).
Ao longo da actividade, puidemos descobrir os poemas que integran o libro e que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado. 
Todos os presentes escoitamos con atención a Miguel, así coma participamos nas actividades e xogos que nos propoñía. Ao rematar a sesión, puidemos debuxar nunha folla unha das personaxes do conto que máis nos gustou e agasallar ao noso contacontos cunha morea de debuxos sobre o libro.
Aquí vos deixamos as imaxes da sesión.
Aquí vos deixamos coa presentación deste libro (un vídeo que puidemos atopar no blog  http://elvuelodelasmariposas.com/)

Por último, compartimos tamén este vídeo cos versos do libro.

13 de novembro de 2013

Samaín

Boas a todos! Estamos no tempo de recoller a colleita do outono: as castañas, o millo, as noces... e as cabazas!
Hai pouco celebramos o Samaín. Cada neno tallou unha cabaza na casa, cadaquén máis ocurrente, graciosa, terrorífica... e espuxémolas no colexio. O lugar que lles buscamos foi onda o Peto de Ánimas, que como xa sabedes é unha construción popular galega. É típico poñerlle neste tempo algunha ofrenda para as ánimas: unha candea acesa, flores ou tamén un froito da nosa colleita, por exemplo, unha mazorca de millo.

A continuación deixámosvos unhas imaxes das vosas fantásticas creacións!


Cabaza gaiteira

  

Unha cabaza máxica



Terrorífica!
Mudou de cor... verde!
"O Trasmundo" de Laxeiro, no peto de ánimas
O peto de ánimas

Moitas grazas a todos por participar!!!

15 de outubro de 2013

Petos de ánimas

Como ben é sabido por todos, Samaín está á volta da esquina. Este ano, no Ría de Vigo imos celebralo dun xeito moi especial.
Para poñervos en antecedentes, na seguinte presentación podedes atopar información sobre os petos de ánimas, moi típicos na nosa terra.
E vos, coñecedes ou tedes visto algún peto de ánimas? Compartide as vosas experiencias na sección de comentarios! E non esquezades visitar o blogue, xa que pronto haberá máis novas...

                      

8 de outubro de 2013

Rosalía chega a Rusia

Queremos subliñar unha noticia que, anque xa pasou, terá repercusión para o futuro e é que o día 26 de setembro, Día Europeo das Linguas, Cultura e Educación presentou a tradución de "Cantares Gallegos" ao ruso, co gallo da conmemoración do 150º aniversario da súa publicación. Este acto tivo lugar na casa-museo de Rosalía (Padrón).
A tradución a un dos idiomas de máis falantes no mundo, conmemora a marcaxe do inicio da recuperación da lingua e da literatura galegas despois dos chamados Séculos Escuros.
Así, a "nosa obra" pasa a ser tamén patrimonio dos rusos, que posúen ademáis unha extraordinaria e singularísima tradición literaria.
O obsectivo é concienciar da riqueza e da variedade lingüística de Europa.
O CEG (Centro de Estudos Galegos) de San Petesburgo forma parte da Rede de Centros de Estudos Galegos que a Xunta de Galicia mantén en universidades de varios continentes para difundir a lingua e a cultura galegos polo mundo.


24 de setembro de 2013

Un ano máis, voltamos ás aulas cheos de enerxía e forzas para emprender un novo curso. Temos novamente a intención de seguir fomentando, potenciando e valorizando a nosa lingua. Estamos á espera das actividades que nos oferten para traer ao cole, e tamén outras que proporemos dende o equipo de Dinamización Lingüística.
E lembrade, dalle á lingua, fala galego!

19 de xuño de 2013

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

@S NEN@S DO RIA DE VIGO PRACTICAMOS MOITOS XOGOS TRADICIONAIS, AQUELES QUE VEÑEN PERDURANDO NO TEMPO DENDE QUE @S NOS@S AVOAS/OS FORON NEN@S COMA NÓS E INCLUSO DENDE MOITO ANTES. PODEDES VER UN VÍDEO RECOPILATORIO QUE FIXEMOS ENTRE TOD@S COMO HOMENAXE AO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADICADO ESTE ANO A ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

PODEDES CLICAR NO SEGUINTE ENLACE PARA VELOS:
XOGOS TRADICIONAIS NO RIA DE VIGO