25 de febreiro de 2014

Celebración Día da Paz


O día 30 de xaneiro celébrase a PAZ. Nós temos artellado un intercambio co CEIP Castelao. Tódolos alumnos e alumnas do centro visitarán o Ría de Vigo, onde os recibiremos cunha representación musicada do cadro Guernica, de Pablo Picasso, para a continuación pasar a mañá no patio, onde compartiremos 25 xogos cooperativos, que todos desfrutamos a reo.


Tamén aproveitamos para que os alumnos dos dous centros que se corresponderon por correo escrito se coñezan en persoa mentres comparten unha merenda ao aire libre e comproban que as descricións que recibiron se corresponden coa realidade ;)
               












Tan só agardamos que o tempo nos deixe celebrar tan esperado día!

Cánto sabes sobre o ENTROIDO?

Xa está chegando o Entroido!

Todos e todas estamos a traballar cos disfraces, investigando sobre os nosos costumes... preparando o Entroido. Queremos compartir os seguintes enlaces para que poidades aprender máis sobre esta festa tradicional e pasedes un bo rato cos distintos xogos, manualidades e actividades propostas.

Preme na imaxe

Preme na imaxe

Día de Rosalía

Bos días!! Onte, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no cole. Para nós foi unha figura moi importante porque deu o paso de escribir en galego tralos Séculos Escuros (s.XVI, XVII e XVIII).


 Onte, para conmemorar este día, visitounos Pedro Feijóo, exalumno do noso cole. Escribiu dous libros, o segundo está baseado nos poemas de Rosalía de Castro, por iso nos visitou.
Contoulles aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria sobre o seu traballo de investigación sobre a autora. Aos nenos e nenas parecéronlles moi interesantes as anécdotas de Rosalía (o seu pai, os seus fillos, etc.). Tamén racitaron algúns poemas que o escritor escolleu para a ocasión, mostrando así esoutro lado de Rosalía que non coñecían.




A continuación deixamos uns enlaces para que poidades xogar e aprender un pouco máis sobre a nosa escritora:


E rematamos cunha das súas poesías máis coñecidas, e o vídeo da poesía con música:

NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
se choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que semmpre me asombras.

Rosalía de Castro


Estade moi atentos ao blogue, pronto subiremos outra versión musicada dos poemas de Rosalía, a cargo duns músicos moi especiais...


13 de decembro de 2013

Conta atrás para Nadal

Está á volta da esquina... o Nadal está chegando!!!!

Para ir entrando en materia e pasar un bo rato ao tempo que aprendemos, nos seguintes enlaces atoparedes quebracabezas navideños, panxoliñas, contos, xogos, refráns... e incluso modelos de cartas aos Reis que podedes imprimir!




http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/12/dear-santa-galego-castellano-english.html

12 de decembro de 2013

Pans doces de Nadal... deliciosos!

Bos días a todos! Lembrámosvos que o plazo para entregar as vosas receitas de Nadal remata o vindeiro luns 16. Non esquezades traer todas aquelas que queirades compartir con nós!

Mentres agardamos as vosas aportacións, aquí vos deixamos unha actividade moi interesante sobre pans doces de Nadal.
Os pans de Nadal son unha tradición en moitos países europeos. De seguro que coñecedes algúns deles, que se popularizaron no noso país, como o panettone italiano ou o pudding británico.


Agardamos con ansia as vosas receitas!!!

11 de decembro de 2013

Receitas de Nadal

Ola a tod@s! Como ben notaredes xa está chegando o Nadal.

Nós, para facernos partícipes desta festa, imos a facer unha recolleita das mellores receitas de Nadal.

Para isto precisamos da vosa colaboración, traendo aquelas receitas que coñezades. Os vosos titor@s faranvos entrega dunha plantilla que podedes cubrir na casa coa axuda de nais, pais, avós, avoas...


A data límite de entrega é o vindeiro luns 16 de decembro. A partires dese día as receitas estarán expostas no porche do colexio para que todos podamos tomar nota delas... e degustalas nestas festas!!!

   

Para ir quentando motores, queremos compartir con vós unha tradicional panxoliña que seguro coñecedes todos, Con un sombreiro de palla.


3 de decembro de 2013

Regueifas

O martes 19 de novembro tivemos a sorte de participar dunha das actividades ofertadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, como xa ocorrera co Cullarapo Croque.

Visitáronnos dous regueifeiros, que acompañados dunha zanfoña, fixeron que os rapaces de sexto de primaria, así como as mestras, compuxeran as súas propias regueifas.


Compoñendo regueifas



 


Algunhas mestras tamén colaboraron


A profe Carmen, titora de 3º de primaria, escribiu unha regueifa que despois recitou Carmen Docasar, é a seguinte:
 



Estas son algunhas das composicións dos nenos de 6º de EP:

 


Se estades interesados en saber máis sobre as regueifas, podedes visitar esta páxina: