Tivemos a sorte de que nos foi concedida unha actividade do SNL do Concello de Vigo. Nela participou o curso de 4º de Primaria.
Tratábase de dar un paseo por Vigo para coñecer os lugares máis emblemáticos a traveso dun xogo da OCA. Os alumnos/as estiveron moi atentos. Participaron ademais con sopas de letras, encrucillados, etc.
Que divertidos eran os monitores! Deunos mágoa que se foran tan pronto...
O pasado venres 28 de febreiro celebramos o Entroido, esa tradicional festa tan arraigada na nosa terra.
Todo o colexio, dende os máis pequenos ata os maiores, saíu ao patio a festexar. Tras unha semana cumprindo as ordes do Meco xa tiñamos gañas de poder lucir os nosos traxes. Todos eles estaban baseados no proxecto do centro: "Lendo con arte".
Así, os rapaces/as de Educación Infantil rendiron homenaxe a Van Gogh, con disfraces inspirados na "Noite estrelada", "Os xirasois" e vestidos de pintores.
O primeiro ciclo de EP centrouse en Velázquez, con traxes que emulaban ao pintor e ás famosas Meninas.
Segundo ciclo foi de 'autorretratos', cun marco ao redor da cara elaborado por eles mesmos.
Finalmente, os alumnos/as do terceiro ciclo luciu os modelos da época de Monet e tamén de Picasso.
O día 30 de xaneiro celébrase a PAZ. Nós temos artellado un intercambio co CEIP Castelao. Tódolos alumnos e alumnas do centro visitarán o Ría de Vigo, onde os recibiremos cunha representación musicada do cadro Guernica, de Pablo Picasso, para a continuación pasar a mañá no patio, onde compartiremos 25 xogos cooperativos, que todos desfrutamos a reo.
Tamén aproveitamos para que os alumnos dos dous centros que se corresponderon por correo escrito se coñezan en persoa mentres comparten unha merenda ao aire libre e comproban que as descricións que recibiron se corresponden coa realidade ;)
Tan só agardamos que o tempo nos deixe celebrar tan esperado día!
Todos e todas estamos a traballar cos disfraces, investigando sobre os nosos costumes... preparando o Entroido. Queremos compartir os seguintes enlaces para que poidades aprender máis sobre esta festa tradicional e pasedes un bo rato cos distintos xogos, manualidades e actividades propostas.
Bos días!! Onte, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no cole. Para nós foi unha figura moi importante porque deu o paso de escribir en galego tralos Séculos Escuros (s.XVI, XVII e XVIII).
Onte, para conmemorar este día, visitounos Pedro Feijóo, exalumno do noso cole. Escribiu dous libros, o segundo está baseado nos poemas de Rosalía de Castro, por iso nos visitou.
Contoulles aos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria sobre o seu traballo de investigación sobre a autora. Aos nenos e nenas parecéronlles moi interesantes as anécdotas de Rosalía (o seu pai, os seus fillos, etc.). Tamén racitaron algúns poemas que o escritor escolleu para a ocasión, mostrando así esoutro lado de Rosalía que non coñecían.
A continuación deixamos uns enlaces para que poidades xogar e aprender un pouco máis sobre a nosa escritora:
Está á volta da esquina... o Nadal está chegando!!!!
Para ir entrando en materia e pasar un bo rato ao tempo que aprendemos, nos seguintes enlaces atoparedes quebracabezas navideños, panxoliñas, contos, xogos, refráns... e incluso modelos de cartas aos Reis que podedes imprimir!
Bos días a todos! Lembrámosvos que o plazo para entregar as vosas receitas de Nadal remata o vindeiro luns 16. Non esquezades traer todas aquelas que queirades compartir con nós!
Mentres agardamos as vosas aportacións, aquí vos deixamos unha actividade moi interesante sobre pans doces de Nadal.
Os pans de Nadal son unha tradición en moitos países europeos. De seguro que coñecedes algúns deles, que se popularizaron no noso país, como o panettone italiano ou o pudding británico.