26 de febreiro de 2018
VISITA AO CENTRO DE DÍA "PARQUE CASTRELOS"
O alumnado de 4º visitou como xa ven sendo habitual, o Centro de día "PARQUE CASTRELOS" co fin de compartir experiencias entre distintas xeracións. Este ano falamos da evolución das comunicación: dende o carteiro tradicional ata a comunicación coas novas tecnoloxías . Entre todos construímos emoticonos. Pasámolo fenomenal. Moitas grazas!
Rosalía de Castro
O 23 de febrero conmemórase o día de Rosalía Castro.E no Ría festexámolo cun concerto , unha poesía e unha rosa.
Preme na foto de Rosalía
25 de xaneiro de 2018
RECONQUISTIÑA (CONCURSO DE DEBUXO)
Despois de participar no concurso de debuxo para elaborar o CARTAZ da Reconquistiña, unha alumna do Ría, "Xiana Cabezas", foi premiada cun accesit e o colexio recibiu por participar un lote de libros. Moitas grazas e NORABOA a tod@s.
Deixamos os debuxos finalistas:
(Dous deles tamén foron do noso cole)
Deixamos os debuxos finalistas:
(Dous deles tamén foron do noso cole)
24 de xaneiro de 2018
NADAL
Chegou o NADAL ao Ría de Vigo. E como este ano o tema é o CINE, pois o Ría vai ter un NADAL DE PELÍCULA.
Exposición de xoguetes antigos
O equipo de normalización decidiu pedir ás familias xoguetes de outras épocas, de cando eles eran xóvenes. Xoguetes de aquí e de acolá. Recollimos unha mostra bastante interesante.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










