28 de outubro de 2019

SAMAIN

Como tódolos anos, ao chegar este tempo, os nenos e nenas énchense de ilusión pensando no Samaín. Unha forma de manifestarnos é traer as cabazas ao cole: talladas, sen tallar, adubiadas... 
Que imaxinación derramaron este ano para convertelas en animais mariños!








 Toda a comunidade escolar está da súa parte por iso esconxuramos o cole:
"Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños..."
Todo iso que estes días imos colocando nos corredores e nos descansos das escaleiras... 




18 de xuño de 2019

INTERTEATRO: RESTAURANTE FARRUCO

O alumnado de 3º participou no programa Interteatro ca obra "Restaurante Farruco". 
 Utilizando o verso rimado, a autora constrúe unha peza disparatada nun só acto, nun só día.Os comensais falan do prezo esaxerado e ao mesmo tempo que se deixan entrever as diferenzas de clase ante un rei ao que non lle importa gastar.Tamén atopamos animais vivos que teñen que  agardar a seren cociñados pero que non están  dispostos ao sacrificio.





INTERTEATRO: CORRE,CORRE CABACIÑA



O alumnado do Ceip Javier Sensat representou no noso cole , polo programa INTERTEATRO, CORRE,CORRE CABACIÑA.






29 de maio de 2019

Xornada de xogo tradicional en Melgaço

O venres 24 de maio celebrouse as VIII Xornadas do xogo tradicional galegoportugués en Melgaço.

http://pontenasondas.org/viii-xornada-do-xogo-tradicional-galegoportugues/?lang=es

O alumnado de 4º e 5º de Primaria acudiron a este importante encontro xa que o ano pasado, por mor da choiva, non puideron acudir. Pero este ano luciu o sol e á zona do Complexo deportivo de Melgaço  brillou máis ca nunca co seu elegante verde cheo de xogos "de antes". Todos xuntos disfrutamos dunha xornada de convivencia.

27 de maio de 2019

RomeRía

O alumnado do Ría , co gallo das Letras Galegas, participou na primeira edición dunha RomeRía na zona da Praia de Canido. Coa colaboración das familias, participaron nunha serie de xogos tradicionais pasándolo estupendamente. Despois degustaron sobremesas , rosquillas … para rematar cun paseo ata o colexio. 




Foi un bo día e unha boa experiencia!!

23 de maio de 2019

Taller sobre Igualdade

O alumnado de 4º participou nun interesante taller sobre igualdade. Esla, a monitora, dirixiunos dende una recreación pictórica mariña onde se ve participar da lectura ao amigo Gaspar.
Así eles involucráronse moito no taller deseñado no chan e deron moi boas definicións e reseñas de vocablos que podían darse na igualdade.






Correlingua

Un ano mais participamos no Correlingua para reivindicar a importancia do uso da Nosa Lingua.